Agualada acolle unha charla informativa sobre os impactos das liñas de Alta Tensión

Este venres 30 de xaneiro, ás 18:00h, o local social de Agualada acolle unha charla sobre o impacto dos campos electromagnéticos que provocan as liñas de alta tensión e as antenas de telefonía móbil.

Un tema que se segue estudando pero que non trascende ao publico en xeral, e dado que a zona bergantiñá para ver como se ergue sobre as casas unha desas LAT para evacuar a enerxía creada nos novos parques eólicos, a veciñanza quixo chamar á especialistas de Ecoloxistas en Acción.

A LAT en cuestión é que chamada Bustelo-Meirama, que atravesa 7 concellos (Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral) ao longo dos seus 38,5 quilómetros, e 98 pés “xigantes”. Unha Liña que xa recibiu críticas de varios colectivos. 

Xulio Carmora será o que informe sobre debate actual no eido científico e institucional. Dende chamamentos científicos  internacionais responsábeis de máis de 2.000 publicacións relevantes neste ámbito ata as conclusións e recomendacións do estudo de revisión bibliográfica sobre radiofrecuencias do Servizo de Investigación do Parlamento Europeo, que apelan a minimizar a exposición a radiofrecuencias, e cuestionan uns criterios  de límites de referencia que só atenden aos riscos térmicos a curto prazo e non contemplar os riscos biolóxicos e a longo prazo, nin a correlación de diferentes alteracións e patoloxías recollidas na bibliografía científica.

Así, presentarase a revisión completa da literatura científica sobre os efectos das antenas de estacións base de telefonía en humanos publicada en 2022, lembrando que a entidade leva denunciando "o incumprimento legal (dende fai máis de 11 anos) de crear unha Comisión sobre radiofrecuencias e saúde, contemplada na lei, que garante criterios éticos básicos de transparencia, independencia, pluralidade e participación cidadá".

Máis novas