A EFA Fonteboa acolle unha Xornada sobre drons para impulsar o futuro do agro galego

Jose Manuel Campos é un dos especialistas do centro

Xa é toda unha referencia autonómica en materia de drons. E así o demostra a Escola Familiar Agraria EFA Fonteboa organizando este xoves 27 de febreiro, unha Xornada de Innovación Rural.

Utilizando o centro coristanqués, e o campo de fútbol da Rocheira, avaliarán as posibilidades que ofrece a utilización dos drons en sectores agrogandeiros e forestais.

A EFA conta colaboración de Aerocámaras, líder en solucións e tecnoloxía aplicada á agricultura de precisión, e da súa joint- venture, DJI Agricultura Ibérica, que ofrece solucións integrais en agricultura xunto coa sua colaboradora CultivDron, que ofrece solucións innovadoras en cultivos.

Unha Ferramenta para o Cambio no Campo Galego

A xornada "Drons e Innovación Rural" pretende dar a coñecer as vantaxes da tecnoloxía dron, para optimizar a monitorización de cultivos, xestión de gando e a aplicación de fitosanitarios. O evento, dirixido a emprendedores, empresarios, profesionais e estudantes, aposta pola innovación como vía para aumentar a competitividade e a sustentabilidade das explotacións rurais.

Programa da xornada:

A xornada iniciará ás 11:30 cunha sesión teórica que abordará:

  • Os diferentes tipos de drons empregados na agricultura e a gandería.
  • Aplicacións prácticas: monitorización de cultivos, xestión de gando, pulverización de precisión, entre outras.
  • Aspectos normativos e análise de custos e investimentos.

Na segunda parte, os asistentes poderán ver en tempo real:

  • Voo e manexo básico dun dron agrícola.
  • Aplicación de fitosanitarios mediante dron.
  • Captura de imaxes para a análise de cultivos, seguida dunha sesión de preguntas e respostas.

Máis información sobre a xornada e inscrición: