mércores. 11.12.2024
El tiempo

O IES Fin do Camiño, finalista na Liga Maker Drone

Liga Maker Drone_1
O IES Fin do Camiño, finalista na Liga Maker Drone

O IES Fin do Camiño leva anos traballando con drones, e este ano vén de egar un salto sendo escollidos para participar na IV Liga Maker Drone. Os fisterráns, que participan entre 180 estudantes da ESO de toda Galicia, terán o reto de transportar medicamentos a través do desenvolvemento dun sistema de drons, no marco desta iniciativa da Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG.

Trátase de dar solución a unha situación que pronto veremos na vida real: a loxística sanitaria mediante drons. Todo co claro obxctivo de converter o alumnado en actores activos nas aplicacións tecnolóxicas, estimulando o seu interese, creatividade e autonomía, e contribuír á orientación profesional do alumnado da ESO.

A familia fisterrá xa participou na primeira sesión formativa celebrada no Coliseum da Coruña, na que o Galaxy Lab de ITG, abriu as portas aos estudantes do mundo da enxeñería e das carreiras STEM, a través dunha demostración de DroneFinder, o sistema de busca e localización de persoas desaparecidas desenvolvido por ITG e obradoiros prácticos de robótica, programación, circuítos electrónicos, realidade virtual e pilotaxe de drons.

Último día

En maio de 2025 celebrarase a Xornada da Exposición, na que se presentarán demostracións das solucións deseñadas por cada equipo, que serán avaliadas por un xurado especializado.

18 centros nas catro provincias Os 18 que están a participar repártense polas catro provincias galegas. Participarán oito centros da provincia da Coruña: CPR Liceo La Paz, da Coruña; CPR Plurilingüe San José de Cluny, Santiago de Compostela; IES Fin do Camiño, de Fisterra; IES Eduardo Blanco Amor, de Culleredo; CPR Plurilingüe Peñarredonda, da Coruña; CPR Obradoiro, da Coruña; CPR Nuestra Señora del Carmen, de Betanzos e CPR Compañía Plurilingüe de María, de A Coruña.

Comentarios