Mércores. 09.10.2024
El tiempo

José Manuel Campos fai do EFA Fonteboa o centro da formación sobre Drons en Galicia

Jose Manuel Campos EFA Fonteboa Dron
Jose Manuel Campos cun dos seus drons no EFA Fonteboa
José Manuel Campos fai do EFA Fonteboa o centro da formación sobre Drons en Galicia

O Centro de Formación EFA Fonteboa de Coristanco é pioneiro en materia agrícola. O sector gandeiro, o mel, a horta… son as súas principais áreas de traballo, pero non as únicas.

Gracias á implicación dun dos seus mestres, o centro tamén é referencia en Galicia en materia de drons. José Manuel Campos leva desenvolvendo proxectos tecnolóxicos cos alumn@s do centro dende hai anos. “Intento ensinarlle a saber como funcionan as cousas, que saiban que falla”. Así define a súa metodoloxía do “montar e desmontar”, do fedellar de toda a vida, desenvolvendo man a man coa rapazada ducias de pequenos proxectos dixitais. Cousas tan básicas como “crear un botonciño que facilite a vida nunha granxa” ata un “farmbot”, unha APP que permita xestionar o teu invernadoiro dende o móbil.

Pero a Campos, como se lle coñece no centro, o que máis lle apaixoa, son os drons. E esa paixón trasmítella perfectamente á rapazada, que queda tardes e tardes no centro con el traballando man a man nas aeronaves. “Montar un dron montao o tonto do pueblo”, sinala quitándolle ferro á esa sabedoría que comparte co alumnado coma se non fose extraordinario.

Unha sabedoría que non pasou desapercibida para a Consellería de Política Social e Xuventude, que este luns e martes organiza no centro coristanqués unhas Xornadas “Capacitación en Tecnoloxía de Drons para a súa Aplicación Práctica nas Actividades Propias do Agro de (Agricultura, Gandaría e Forestal)”.
“DRONRURAL” é un un proxecto destinado a mostrar o potencial tecnolóxico do ámbito agrario e capacitar aos mozos e mozas para que se convertan en protagonistas activos na aplicación e desenvolvemento de tecnoloxías aéreas, como os drons.

Coa intención de facer chegar ao imaxinario xuvenil que o agro e o rural tamén é un campo de innovación, e de oportunidades tecnolóxicas, nacen estas xornadas que se desenvolverán luns 9 e martes 10 de outubro, en horario de 10,00 a 19,00 h, ambolos dous días. Participarán tanto alumnado de ESO como doss diferentes Ciclos de Formación Profesional: GM de Producción Agropecuaria e Guías de Natureza; e GS de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, Xestión Forestal e do Medio Natural, Paisaxismo e Medio Rural, e Transporte e Loxística.

Primeiro escoitarán unha charla coas aplicacións dos drons tanto na agricultura, na gandaría, no turismo, na topografía e na industria forestal. Despois poderán pilotar un e coñecerán os pasos para obter unha licenza de piloto A1-A3 de forma gratuíta e en liña. E rematarán a xornada aprendendo a crear o seu propio dron.

Comentarios