140 persoas secundan, a pé, o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil


Segue recibindo apoios o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil. Ademais dos institucionais, é fundamental o apoio social. E parece que ese está garantido. Así o comprobamos esta fin de semana, coa celebración dunha nova camiñada en grupo para reivindicar este Camiño.
Eran nada menos que 140 as persoas que partían da Praza do Obradoiro na primeira etapa deste terceiro percorrido reivindicativo. Un aumento notable da xente participantes que congratula ás asociacións participantes (Lumieira de A Baña, San Luís da Pereira de Santa Comba, Grandimirum de Brandomil de Zas, Asociación Parroquial Berdoias e Baíñas), que ve fundamental “o interese que se está dando por parte de todos os implicados, camiñantes e peregrinos que están facendo cada día este trazado, isto sigue sendo un motivo para seguir loitando por ela”.
Unha reivindicación que basea na ponte romana Brandmil boa parte que parte do fundamento histórico desta ruta, tal como se indica no estudo antropolóxico presentado a principios deste ano en Patrimonio por integrantes da Asociación Grandimirum en representación do resto de asociacións. O estudo foi realizado polo recoñecido antropólogo Manuel Vilar, que estivo presente no día de hoxe na praza do Obradoiro e que percorrerá co grupo as seguintes tres etapas.


Vindeira etapa
A seguinte etapa percorrerase do próximo domingo 27 de maio, tendo saída dende Negreira e finalizando en Brandomil, un dos puntos clave neste trazado.
Novas relacionadas
- Abril 18:
- Santa Comba sobe ao Camiño por Brandomil.
- Novembro 17: Brandomil inclúese dentro do Camiño de Santiago a Muxía cun informe que avala o seu paso.
- Maio 17: Estreada a Muxiana do Camiño por Brandomil
- Maio 17: Brandomil fai camiño por Mazaricos.
- Abril 2017: Os plenos de Vimianzo e Santa Comba apoian o Camiño Santiago-Muxía por Brandomil.
- Setembro 2016: O Camiño Santiago a Muxía por Brandomil estírase.
- Outubro 16: Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño.
- A ponte de Brandomil recupera a súa historia peregrina.
- Proxectada a ampliación da Ponte Olveira para mellorar a seguridade dos peregrinos.
- A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])