As 3 praias (e media) da Costa da Morte onte está prohibido o baño

  •  A praia de Lires está en avaliación

Actualizou esta semana o Sergas o Mapa coa calidade das augas nas zonas de Baño de toda Galicia, a outra cara das Bandeiras Azuis. Algunha novidade trae a comarca, unha vez que aos areais de A Concha (Cee), e A Virxe do Camiño (Muros) súmase o de Camelle (Camariñas) co distintivo “prohibición permanente de baño”. É dicir, levan máis de 5 anos con analíticas negativas, e ata que non se fagan traballos en materia de saneamento na zona non se volverán analizar.

A praia camariñá quitárase o calificativo en 2021 despois de moitos anos de prohibición.

Pola contra, a de Lires, despois de moitos anos con ese cartel, está en proceso de avaliación, e veremos dentro de pouco se pode volver a vestir unha calidade suficiente das súas augas.

Máis novas