luns. 04.05.2026
El tiempo

Centos de kilos de lixo rescatados da doble e épica limpeza voluntaria en Lires e Nemiña

Marea de lixo retirado das praias de Lires e Nemina por Mar de Fabula
Marea de lixo retirado das praias de Lires e Nemiña por Mar de Fabula
Centos de kilos de lixo rescatados da doble e épica limpeza voluntaria en Lires e Nemiña

Xornada doble de limpeza ambiental a protagonizada polo voluntariado da Asoc. Mar de Fábula. Arrincaban o pasado sábado na zona de Nemiña (concello de Muxía) da desembocadura do río Castro. Unha zona que parecía limpa pero pronto comprobaron que era só un espellismo. En tan só dous puntos, en apenas 100 metros, unha vintena de voluntari@s retiraron 126,5 kg (13 sacos de 100 itros) de lixo plástico, destacando 18,5 kg de botellas de plástico estibadas en 4 sacos de 100 litros. “Para cándo o sistema #sddr”, pregúntase de novo a entidade.

Marea de lixo retirado das praias de Lires e Nemina por Mar de Fabula

Tras unha parada técnica para repoñer forzas, cruzaron a desembocadura e foron para o lado de Lires (xa no Concello de Cee), retirando un total de 11 sacos de 100 litros e 2 bigbags cheíños de lixo. E iso que tiveron que parar pola forte choiva, que convertiu a xornada nunha batalla épica contra os elementos naturais e contaminantes. A choiva impediu que o pesáramos, pero probablemente superaran entre as dúas limpezas os 300 kg. “Tal é a cantidade de lixo que pensamos voltar o vindeiro sábado”, invitan a todo o mundo.

Voluntariado de Mar de Fabula en Nemina

Máis novas

Comentarios