As 3 praias que seguen contando con prohibición permanente de baño na Costa da Morte

Pasan os anos pero segue habendo 3 praias na Costa da Morte que teñen o cartel de “Augas con prohibición permanente de Baño. Son os areais que o Sergas xa non analiza, por levar 5 anos ou máis dando analíticas negativas, de xeito que xa lle colga o cartel de prohibido o baño e non fai medicións ata que os Concellos tomen medidas que permitan a eliminación de fontes de contaminación.
Dúas das praias nos que te debes bañar este verán son no Concello de Cee, que parece non prestarlle demasiada atención ao sanemanento. Falamos das praias da Concha, a do núcleo urbano, un foco eterno de residuos; e a praia de Lires, unha das marabillas naturais da Costa da Morte pero que arrastra unha serie de problemas (vertidos, depuradoras en mal estado, a piscifactoría de troitas…) que impiden que a desembocadura do río Castro conte cunha auga saneada.
A terceira é a praia Virxe do Camiño, en Muros, sobre a que o concello de Muros ten realizado xa varias actuacións de saneamento, polo que espera que o máis pronto posible Augas de Galicia volva analizar as augas e poida valorar se a auga é apta ou non para o baño.
Desta lista infame acaba de saír a Praia Area da Vila, a praia urbana de Camariñas, tras varias actuacións de saneamento realizadas polo Concello e Augas para sanear a zona. Antes, en 2021, foi a de Camelle o que se quitou ese “sanbenito”.
Calidade excelente
Con todo o Rexistro de Augas de Baño de Galicia para este 2024, recén publicado polo Sergas, é moi favorable na nosa comarca. As augas dos 77 areais incluídas no censo de zonas de baño son de calidade “excelente”:
DENOMINACIÓN PUNTO MOSTRAXE | CONCELLO | CLASIFICACIÓN 2022 |
REBORDELO | CABANA | Excelente |
A AREIÑA BRANCA | CAMARIÑAS | Excelente |
AREA LONGA - CAMARIÑAS | CAMARIÑAS | Excelente |
AROU | CAMARIÑAS | Excelente |
LINGUNDE | CAMARIÑAS | Excelente |
LOBEIRAS | CAMARIÑAS | Excelente |
O ARIÑO | CAMARIÑAS | Excelente |
O LAGO - CAMARIÑAS | CAMARIÑAS | Excelente |
ARNADOS | CARBALLO | Excelente |
PEDRA DO SAL | CARBALLO | Excelente |
RAZO | CARBALLO | Excelente |
RIA DE BALDAIO | CARBALLO | Excelente |
SAIÑAS-CARBALLO | CARBALLO | Excelente |
A INSUELA | CARNOTA | Excelente |
ARDELEIRO | CARNOTA | Excelente |
AREA BRANCA | CARNOTA | Excelente |
CALDEBARCOS | CARNOTA | Excelente |
CORNA BECERRA | CARNOTA | Excelente |
LARIÑO - CARNOTA | CARNOTA | Excelente |
MAR DE LIRA | CARNOTA | Excelente |
PORTO CUBELO | CARNOTA | Excelente |
PORTO QUILMAS | CARNOTA | Excelente |
SAN MAMEDE (BOCA DO RIO) | CARNOTA | Excelente |
SAN PEDRO - CARNOTA | CARNOTA | Excelente |
ESTORDE | CEE | Excelente |
GURES | CEE | Excelente |
QUENXE | CORCUBION | Excelente |
SANTA ISABEL | CORCUBION | Excelente |
EZARO | DUMBRIA | Excelente |
CORVEIRO | FISTERRA | Excelente |
LANGOSTEIRA | FISTERRA | Excelente |
RIBEIRA | FISTERRA | Excelente |
SARDIÑEIRO | FISTERRA | Excelente |
CAION DEREITA | LARACHA (A) | Excelente |
CAION ESQUERDA | LARACHA (A) | Excelente |
ARNADO - BOAÑO - TRABA | LAXE | Excelente |
LAXE CENTRO | LAXE | Excelente |
LAXE ESQUERDA | LAXE | Excelente |
SOESTO | LAXE | Excelente |
TRABA | LAXE | Excelente |
PRAIA DE SEIRUGA | MALPICA | Excelente |
PRAIA MAIOR | MALPICA | Excelente |
RIO BEBA- A PONTENOVA | MAZARICOS | Excelente |
A ROCHA | MUROS | Excelente |
A VOUGA | MUROS | Excelente |
AGROCOVO | MUROS | Excelente |
AREA LONGA - MUROS | MUROS | Excelente |
AREA MAIOR - MUROS | MUROS | Excelente |
BORNALLE | MUROS | Excelente |
LARIÑO - MUROS | MUROS | Excelente |
LIÑARES | MUROS | Excelente |
MEDRON-UIA | MUROS | Excelente |
O CABO | MUROS | Excelente |
O ESPADANAL | MUROS | Excelente |
O FOGAREIRO | MUROS | Excelente |
O PORTIÑO DO MAIO | MUROS | Excelente |
O PORTO DO ANCORADOIRO | MUROS | Excelente |
PARAMEAN | MUROS | Excelente |
REIMUNDEZ | MUROS | Excelente |
SAN FRANCISCO CENTRO | MUROS | Excelente |
SAN FRANCISCO ESQUERDA | MUROS | Excelente |
SEIXAL-AREA DO MEDIO | MUROS | Excelente |
SOMORTO | MUROS | Excelente |
VENTIN - O SALTO | MUROS | Excelente |
A CRUZ | MUXIA | Excelente |
AREA MAIOR - MUXIA | MUXIA | Excelente |
ESPIÑEIRIDO - MUXIA | MUXIA | Excelente |
LOURIDO - MUXIA | MUXIA | Excelente |
NEMIÑA | MUXIA | Excelente |
O LAGO - MUXIA | MUXIA | Excelente |
A ERMIDA | PONTECESO | Excelente |
ARNELA | PONTECESO | Excelente |
BALARES | PONTECESO | Excelente |
NIÑONS | PONTECESO | Excelente |
OSMO | PONTECESO | Excelente |
NOVAS RELACIONADAS
- 2024: Eiminado un punto de vertido á ría de Muros dende a praia de Virxe do Camiño.
- 2022: As 3 praias nas que non te debes bañar este verán na Costa da Morte
- Abril 2021: A praia de Camelle quítase o cartel de "auga non apta para o baño”.
- 2020: As 5 praias da Costa da Morte esquecidas polas administracións nas que está prohibido o baño.
- 2019: As 5 praias da Costa da Morte onde non é aconsellable bañarse este verán.
- 2018: As 7 praias da Costa da Morte onde non te debes bañar este verán.
- 2017: Catro praias da Costa da Morte suspenden na calidade das augas.