As 3 praias (e media) da Costa da Morte onte está prohibido o baño
- A praia de Lires está en avaliación
10:14 15/05/26
Actualizou esta semana o Sergas o Mapa coa calidade das augas nas zonas de Baño de toda Galicia, a outra cara das Bandeiras Azuis. Algunha novidade trae a comarca, unha vez que aos areais de A Concha (Cee), e A Virxe do Camiño (Muros) súmase o de Camelle (Camariñas) co distintivo “prohibición permanente de baño”. É dicir, levan máis de 5 anos con analíticas negativas, e ata que non se fagan traballos en materia de saneamento na zona non se volverán analizar.
A praia camariñá quitárase o calificativo en 2021 despois de moitos anos de prohibición.
Pola contra, a de Lires, despois de moitos anos con ese cartel, está en proceso de avaliación, e veremos dentro de pouco se pode volver a vestir unha calidade suficiente das súas augas.
Máis novas
- 2024: As 3 praias que seguen contando con prohibición permanente de baño na Costa da Morte.
- 2021: A praia de Camelle quítase o cartel de "auga non apta para o baño”.
- 2020: As 5 praias da Costa da Morte esquecidas polas administracións nas que está prohibido o baño.
- 2018: As 7 praias da Costa da Morte onde non te debes bañar este verán.

