Mércores. 24.04.2024
El tiempo

6 entidades costeiras piden unirse á Plataforma do Supercluster Atlantic Wind para participar nas decisións sobre enerxía eólica mariña

Eolicos Marinos-Foto-GC
Foto: Galicia Confidencial
6 entidades costeiras piden unirse á Plataforma do Supercluster Atlantic Wind para participar nas decisións sobre enerxía eólica mariña

Segue a ser a chegada da enerxía eólica mariña unha incógnita para a veciñanza en xeral, e mesmo para o sector mariñeiro en particular. De aí o interese de comezar a participar activamente no proceso.

Nesa tesitura se atopan entidades como a Asociación ambiental Petón do Lobo, a Plataforma “As Salgueiras”, a Asociación galega Cova Crea, a Asociación Amigos e Amigas dos Bosques “O Ouriol” do Anllóns, a Asociación contra os parques eólicos Outes Mazaricos (APEOM) e a Plataforma veciñal O Cerqueiral, as 6 entidades costeiras que, xunto a outra media ducia de entidades do país (Plataforma Quijote de Outes, Plataforma MoveNeda, Plataforma Veciñal MonferoDiNon, Stop Eólicos Xurés Celanova, Plataforma Eiquí Eólicos Non e Instituto Armegin), veñen de solicitar a súa adhesión na Plataforma do Supercluster Atlantic Wind (SAW).

Esta Plataforma nace da alianza de cooperación transrexional entre Sexa of Innovation Cantabria Cluster (SICC), Galician Offshore Energy Group (GOE-ASIME) e Consorcio Tecnolóxico da Enerxía de Asturias (AINER) para o impulso á enerxía eólica mariña no mar Cantábrico. Unha alianza, que contou co respaldo da Xunta, aberta á incorporación doutras asociacións da zona noratlántica, xa que busca beneficiarse da Estratexia sobre as Enerxías Renovables Mariñas lanzada pola Comisión europea en novembro de 2020, máis coñecida popularmente como a #EUGreenDeal.

Así piden ao Conelleiro Francisco Conde que permita a súa adhesión e que non vete a participación vital da cidadanía.

Novas relacionadas

Comentarios