60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos


Na bisbarra xa temos un “Concello libre de eucaliptos”. Outros xa se animan con campañas #ArrincaunEucalipto. Parece un gran momento para tentar ordear lixeiramente o noso monte, un bo momento para que a mobilización social e medioambiental tire dos nosos políticos.
Nesas atópanse numerosos colectivos do país levando adiante a campaña Cousas de Raíces en defensa do bosque autóctono. Unha campaña que comeza coa presentació dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”.
É momento da colleita de sinaturas, que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo, para acadar o maior apoio social para conseguir facer virar 180º as políticas de xestión dos nosos montes e do noso medio rural.
Cifras
“Un de cada cinco metros cadrados de solo está ocupado por un eucalipto”, lembran os promotores, en sintonía coas palabras que nos daban dende a Asociación Boca de Sapo: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
Son máis de medio millón de hectáreas –o 17% do territorio galego- as ocupadas por esta especie.
En clave de incendios, sinalan que a frecuencia dos lumes nun eucaliptal é 3,55 veces superior a dun bosque autóctono, mesmo superando a frecuencia de lumes en piñeirais, nun 1, 14.
A isto engadiu Dacal que, tamén segundo datos oficiais, os últimos indicadores publicados no recente inquérito de estruturas de explotacións agrarias constatan que entre 2013 e 2016 desapareceron arredor de 3.400 explotacións e que se perderon, en superficie agraria útil, 34.000 hectáreas.
Novas relacionadas
- Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal:
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]quepasanacosta.com).