Asegurando a protección do voso futuro

Unha das principais misions de noso sector e asegurar a protección das persoas e dos bens, contra posibles riscos como accidentes, enfermidades, danos na propiedade ou responsabilidade civil. E ese e o noso traballo diario, estar atentos ás distintas inquedanzas que os clientes de seguros van tendo na protección do seu futuro.

Dende que vivimos a pandemia do Covid, collemos unha maior conciencia da necesidade de prepararnos ante un futuro que pode ser incerto. A amortiguación e a resposta ante esas incertezas e tamén misión do noso sector.

Por iso, estamos a traballar con produtos e servizos que, ao meu modo de ver, deben cumplir unhas características principais. A primeira delas é responder ás necesidades actuais e as preocupacións do futuro dos nosos clientes, adaptando a nosa oferta aseguradora á súa protección. E a segunda, e que estos produtos sexan flexibles, versátiles e, á súa vez, completos.

Non somos todos iguais e os nosos clientes teñen necesidades distintas, propias, polo que teñen que encontrar nos seguros persoais unha ampla gama de coberturas coas posibilidades de adecualas á súa situación persoal, o que eles desexan protexer no seu futuro. Temos que pensar en familias, en individuos solteiros ou parellas sen fillos dependentes, pero tamén nun segmento de maiores e de mediana idade que busca unha protección integral a longo prazo.

O longo da vida, as nosas necesidades cambian e cremos que a protección dos seguros que nos acompañan deben adaptarse a esos cambios. E é aquí onde as solucións innovadoras que facilitan o cliente pensar nunha posible incapacidade mentres se atopa en idade laboral, pero tamén pensar nunha posible dependencia unha vez se xubile. E que esa solución non se complique en cada etapa da súa vida. 

A cobertura ‘Ciclo de Vida’ (dispoñible en REALE VIDA) cumple esa función e abre unha posibilidade de contratar esas situacións simplificando o proceso de contratación.

As circunstancias mencionadas, debido os cambios significativos que se poden provocar na vida dunha persoa, demandan solucións altamente especializadas. E seguimos crendo e apostando nas melloras efectuadas nas coberturas de Reale Vida Global son unha boa mostra.

 

 

Outros artigos sobre seguros de Roberto Mouro