luns. 02.12.2024
El tiempo

É obrigatorio contratar os seguros co banco cando pedimos un préstamo?

É obrigatorio contratar os seguros co banco cando pedimos un préstamo?

todos-os-seguros

Ata onde pode chegar a presión da banca sobre os seus clientes para que contraten as pólizas dos seguro? É razoable que os clientes paguen prezos moito máis altos que a media do mercado e que paguen ata 20 anos por adiantado deses seguros?

O Xuzgado de 1ª Instancia de Zaragoza admitiu a trámite unha demanda dun particular contra o Banco de Sabadell. Nesta recóllense a obrigación da firma dunha póliza de Vida (de 20 anos de duración), outra de Protección de Pagos a 5 anos e outra máis de Fogar. Os cartos das pólizas adiantáronse na súa totalidade. A da póliza do ramo de Vida era de máis de 20.000 euros. Todo isto ocurría o contratar, por parte do demandante, un crédito hipotecario pola compra dun piso. A demanda foi respaldada polo Colexio de Mediadores de Zaragoza e, agora, o Consello Xeral levará a DGSFP (Dirección General de Seguros e Fondos de Pensiones) e a outros organismos, a reclamación.

Segundo a demanda, o banco cobrou os cartos anticipados facendo imposible que o cliente puidera cambiar de compañía aseguradora dende o momento da firma ata pasados 20 anos.

Ademais, o presuposto que se lle entregou antes de formalizar o contrato de seguros non correspondía a realidade e, nin prezo nin plans, eran os certos. Esas pólizas de seguros resultaban imprescindibles para que o crédito fose concedido pola parte da entidad bancaria, cun tipo de interese mellor.

Parece ser que estas prácticas, de todo abusivas, son bastante habituais en España e, si e así, resulta vergoñento que se permitan. Esto supón unha presión desmedida sobre o que solicita un préstamo e que, como e natural, encóntrase nunha situación de clara desvantaxe respecto ao banco. Por suposto, estas prácticas supoñen un perxuizo moi relevante para os profesionais do sector asegurador que traballan sen esquecer que non se pode cometer unha mala praxis ao desenvolver o seu labor. Foron moitos anos de traballo duro por parte destos profesionais para encontrar unha imaxe adecuada no mercado e tan lonxe como fora posible daquela que perseguiu e perxudicou tanto o sector asegurador. Resulta moi doloroso que ese tipo de operacións tan irregulares supoñan un retroceso nese aspecto.

Non se pode obrigar a nadie a contratar unha póliza de seguros, nin a pagar unha cantidade moito máis elevada que a que se encontra no mercado; nin se pode condear a un cliente a ligarse durante 20 anos a unha compañía a través dunha póliza que, para máis inri, non se quiso contratar nun primeiro momento e se fixo de forma obrigada. Non se pode presionar as persoas vinculando dous ou máis operacións que, na realidade, non quere realizar e que si se formalizan e grazas a unha presión enorme con ameazas (‘si non fas isto, cobroche máis’).

O que está claro é que cando as necesidades apretan e os obxectivos empresariais son importantes, non é recomendable que a ética, a moral e a boa praxis se vexan aniquiladas aplicando a máxima que di que ‘o fin xustifica os medios’; porque está demostrado, unha e outra vez, que no mundo empresarial iso non funciona.

 

Outros artigos sobre seguros de Roberto Mouro

Comentarios