Xoves. 04.06.2020
El tiempo

A actual Carta Verde desaparecerá para crear un novo sistema electrónico

A actual Carta Verde desaparecerá para crear un novo sistema electrónico

Dentro da estrutura do "Consejo de Oficinas Nacionales" (COB) estase traballando nun novo paso para a dixitalización da coñecida como Carta Verde. Ofesauto que forma parte nestas reunións, subraia que o obxeticvo deste grupo de traballo é "identificar e suxerir unha alternativa electrónica e sen papel que substitúa o actual documento físico impreso".

Destaca que se poderá continuar comprobando a existencia do seguro obrigatorio de calquera vehículo en cualquera dos 14 países onde actualmente o documento Carta Verde é requerido. Indica a oficina que a idea é reemplazar o actual sistema basado nun papel impreso en cor verde por outro mecanismo "máis efectivo, inmediato e seguro" que suporá un "avance na modernización do sistema de acreditación do seguro obrigatorio".

Este cambio beneficiará aos consumidores (acceso ao aseguramento de forma áxil e fácil ao levalo incorporado no móbil), as compañías de seguros (aforrarán os costes de impresión e envío do documento actual mellorando a satisfacción do cliente) e facilitará a xestión de accidentes transfronterizos posto que a localización do asegurado implicado será máis eficaz sin dependencia do impreso en papel. Indica Ofesauto que tamén se "pretende terminar coa fraude na falsificación do documento que lamentablemente a día de hoxe segue sendo un problema", asegura.

Este grupo de traballo busca a supresión de imprimir o papel verde ofrecendo a opción de que sexa en blanco e negro. Este paso permitirá as compañías de seguros enviar en formato PDF as actuais cartas os asegurados "sin necesidade de que estes teñan que utilizar a cor verde para imprimilas".

A intención é levar a proposta a Asamblea General del Consejo de Oficinas Nacionales o vindeiro ano e si resulta aceptada, as novas Cartas Verdes emitidas a partir do 1 de xaneiro do 2021 poidan ser impresas en blanco e negro.

 

Outros artigos sobre seguros de Roberto Mouro

comentarios