Luns. 25.05.2020
El tiempo

Os herdeiros dos falecidos polo Covid-19 poden solicitar os cartos non consumidos do seu seguro de decesos

Fachada dun Tanatorio de Carballo
Fachada dun Tanatorio de Carballo
Os herdeiros dos falecidos polo Covid-19 poden solicitar os cartos non consumidos do seu seguro de decesos

Cómpre informar aos herdeiros de persoas falecidas durante o estado de alarma que "poden reclamar o seguro de Decesos a diferencia entre o capital asegurado e o coste final dos servizos que lles prestaron".

Concretamente, esto refirese aos servicios de velatorios ao estar prohíbidos na situación actual ocasionada polo coronavirus e según a Orden do Ministerio de Sanidad do pasado 29 de Marzo do 2020.

Neste eido, a Lei de Contrato do Seguro, tamén di que as aseguradoras "deben devolver o coste asociado a ditos servicios non prestados". Tamén sinala que a familia do defunto pode destinar "esa parte da suma asegurada a outros distintos que sí podan levarse a cabo".

Así, o artígo 106 bis desta Lei indica que "no suposto de que o asegurador non poida proporcionar a prestación por causas alleas á súa vontade, forza maior o porque se realizara o servizo a través doutros medios distintos dos ofrecidos pola aseguradora, a compañía aseguradora quedará obrigada a satisfacer a suma asegurada". Por isto si o coste definitivo do servizo funerario é inferior a suma que foi asegurada mediante o seguro de Decesos, os herdeiros do falecido teñen o dereito a reclamar calquera diferencia existente”.

Tamén indicar que segundo a normativa actual, as funerarias non poden establecer un precio superior ao que xa tiveran con anterioridade ao 14 de Marzo do 2020, e si o fixeron deben devolver de oficio calquera diferencia que pagaran os herdeiros a maiores, esto é tanto a nivel particular como a través dun seguro.

Novas relacionadas

comentarios