Axober organiza unha "work party" en Carballo
Están pisando forte as asociacións de empresarios da Costa da Morte con propostas cada vez máis innovadoras. Baio ten a pelota, os Costavales de Santa Comba,... son algunhas das exitosas campañas postas en marcha recentemente. Agora, é AXOBER - Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños - a que organiza unha nova campaña coa que pretende poñer en contacto a autónomos e empresa da bisbarra.
Axober dálle así unha volta de torca aos formatos habituais e introduce o “work party”, que literalmente é un comité creado especificamente para abordar unha cuestión. Neste caso serán dúas cuestións: “O entorno impositivo actual para os autónomos e as pequenas empresas” e “Novidades en materia laboral”. Pero, ademais, Axober utiliza outro significado da palabra “party”, o de festa, para converter esta primeira experiencia nunha celebración previa ás datas navideñas.
Nace así Axober Work Party, a primeira dun ciclo de actividades específicas, periódicas e cun formato semellante, para abordar cuestións que sexan de especial interese para o sector nun momento de determinado. Trátase dunha experiencia mixta de networking, formación e información, na que cobran especial relevancia o intercambio de experiencias, o asesoramento directo e os contactos personais.
A xornada terá lugar o vindeiro venres 27, a partir das 16 horas, no Fórum Carballo. Ainda que se trata dun acto aberto, os interados deben inscribirse a través número de teléfono 981 756 313, do correo electrónico informacion@axober.org ou enviando unha mensaxe a través da páxina de Axober en Facebook.
Axober contará coa colaboración de Carlos Puga, da Asesoría Cervantes, e de Borja González; dous coñecidos empresarios locais, especialistas no tema.
Programa do venres 27 de novembro:
"O encontro impositivo actual para os autónomos e as pequenas e medianas empresas: IRPF, IVE e imposto do sociedades":