![Axober organiza unha "work party" en Carballo]()
Axober organiza unha "work party" en Carballo
Están pisando forte as asociacións de empresarios da Costa da Morte con propostas cada vez máis innovadoras.
Baio ten a pelota, os Costavales de Santa Comba,... son algunhas das exitosas campañas postas en marcha recentemente. Agora, é
AXOBER - Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños - a que organiza unha nova campaña coa que pretende poñer en contacto a autónomos e empresa da bisbarra.
Axober dálle así unha volta de torca aos formatos habituais e introduce o
“work party”, que literalmente é un comité creado especificamente para abordar unha cuestión. Neste caso serán dúas cuestións:
“O entorno impositivo actual para os autónomos e as pequenas empresas” e
“Novidades en materia laboral”. Pero, ademais, Axober utiliza outro significado da palabra “party”, o de festa, para converter esta primeira experiencia nunha celebración previa ás datas navideñas.
Nace así Axober Work Party, a primeira dun ciclo de actividades específicas, periódicas e cun formato semellante, para abordar cuestións que sexan de especial interese para o sector nun momento de determinado. Trátase dunha experiencia mixta de
networking, formación e información, na que cobran especial relevancia o intercambio de experiencias, o asesoramento directo e os contactos personais.
A xornada terá lugar o vindeiro
venres 27, a partir das 16 horas, no Fórum Carballo. Ainda que se trata dun acto aberto, os interados deben inscribirse a través número de teléfono 981 756 313, do correo electrónico informacion@axober.org ou enviando unha mensaxe a través da páxina de Axober en Facebook.
Axober contará coa colaboración de Carlos Puga, da Asesoría Cervantes, e de Borja González; dous coñecidos empresarios locais, especialistas no tema.
Programa do venres 27 de novembro:
"O encontro impositivo actual para os autónomos e as pequenas e medianas empresas: IRPF, IVE e imposto do sociedades":
- 16:00 A 16:30 horas.- Recepción de asistentes
- 16:30 A 17:20 horas. - IRPF.- Borja González Botas, -Asesoría Borja González Gotas
- 17:20 A 18:00 horas. - IVE.- Carlos Puga Trigás, - Asesoría Cervantes
- 18:00 A 18:30 horas. - Imposto de Sociedades.- Carlos Puga Trigás, - Asesoría Cervantes
- 18:30 a 18:45 – Pausa café
"Novidades en materia laboral: nóminas, cotizacións dos autónomos á seguridade social, coberturas para os autónomos".
- 18:45 A 20:00 horas: Laboral.- Carlos Puga Trigás,- Asesoría Cervantes (Nóminas, Cotizacións Autónomos, Coberturas autónomos).
- 20.00 horas. Aperitivo na escola de hostalería do Fórum de Carballo
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Axober