Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo por etapas crea escola

Carballo por etapas crea escola
Axober e hostaleiros do Carballo por eTapas

Dende logo, as propostas gastronómicas polos bares son unhas das iniciativas que mellor funcionan ao longo da Costa da Morte. Podemos falar de Muxía, onde cada vez que hai lío se monta a ruta dos Pinchos. Falamos de Vimianzo e dos Menús ArqueoGastronómicos, falamos das rútas de tapas de Cee, Corcubión ou Ponteceso… Todas teñen un éxito fantástico, e serven para dinamizar o tecido hostaleiro da zona.

Outra campaña que funcionou de xeito máis que satisfactorio foi o Carballo por etapas. Na primeira fin de semana foron máis de 6.000 tapas servidas, para rematar con outros tantos na segunda. Un dos datos que corrobora o éxito de público é que os 12.000 rascas que se imprimiron para entregar coas consumicións esgotáronse, nalgún caso incluso antes do remate da iniciativa, polo que foron moitas máis as tapas servidas.

Así, Axober e hostaleiros fixeron este pasado venres un balance moi positivo da segunda edición de Carballo por Etapas. A opinión unánime é que foi un éxito. A afluencia aos locais incrementouse de xeito considerable con respecto á pasada edición, o que supón un pulo importante, pero non só de cara ao vindeiro ano, senón nun futuro máis próximo. De feito, algúns dos empresarios do sector decidiron continuar coa experiencia de xeito individual, ofrecendo tapas elaboradas aos seus clientes en días concretos.

A calidade dos produtos e a boa acollida que tiveron as propostas elaboradas nas cociñas dos establecementos tamén son aspectos moi positivos.

Xa pensando no ano que vén

<`>De cara á vindeira edición xa se están estudando novas propostas que contribúan a seguir mellorando Carballo por Etapas. Nese sentido, un dos aspectos expostos na reunión foi a posibilidade de ampliar horarios, tanto de consumición de tapas como de funcionamento do tren turístico, que estivo abarrotado todos os días. A este respecto, dende a organización pídense desculpas a todas as persoas que por falta de capacidade non puideron utilizar ese medio de transporte para desprazarse entre os 21 locais participantes.

Tanto Axober coma os hostaleiros agradecen a colaboración do Concello de Carballo, a Deputación da Coruña, Conservas Calvo, Concello de Cabana, Bodegas Carballo, Agader, Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños e Fonteboa para facer de Carballo por Etapas un novo éxito.

Novas relacionadas

Fonte

  • Axober.

Comentarios