Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Quedamos para comer Carballo por etapas

Quedamos para comer Carballo por etapas
Carballo por etapas

O tren de Carballo por etapas está preparado para iniciar o seu percorrido polos 21 establecementos que se sumaron este ano á proposta de Axober, patrocinada polo Concello de Carballo dentro do programa #QuedamosenCarballo, pola Deputación Provincial da Coruña e polo Grupo Calvo. A promoción da hostalería local e dos produtos autóctonos son os grandes obxectivos desta ruta gastronómica, que acada a súa segunda edición con moitas novidades e unha ampla oferta de actividades.

O pistoletazo de saída darase o venres 23, ás 19.30 horas, na Praza do Concello de Carballo. O tren cedido polo Concello de Cabana para facer o percorrido polos locais simbolizará a inauguración do evento, no que participan A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Bodegón O Pescador, Cafetería Abastos, Café-bar Embajador, Café-Bar Ginebra, Cervecería Ágora, Cervecería Beos Coruña, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Restaurante Brasería Caracola, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante O Xabarín, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tasca O Casino e Trattoría Pizzería Vesuvio, Café Bar Manaus e Restaurante Casadela.

3 fins de semana, 21 establecimentos

Carballo por Etapas celebrarase os días 23, 24, 25, 30 e 31 de maio e 1 de xuño, dúas fines de semana completas nas que os 21 establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes tapas especiais por 1 euro. Con cada tapa, o público recibirá un rasca co que poderá obter premios instantáneos: gorras, camisetas, botellas magnun e as propias tapas. Unha das características da oferta gastronómica é que, ao mesmo tempo, contribúe á promoción dos produtos da zona. Así, a primeira fin de semana estará dedicada ao atún Calvo, que será o ingrediente principal das tapas. Na segunda, a promoción chegará aos produtos da horta de Bergantiños, grazas á colaboración da EFA Fonteboa e do GDR Bergantiños.

Horarios

Polo que se refire aos horarios de Carballo por Etapas, a oferta do venres concentrarase entre as 20 e as 22 horas, a partir do acto inaugural. O resto dos días os clientes poderán degustar as distintas tapas tanto pola mañá, de 12 a 14 horas, como pola tarde, de 20 a 22. Neses mesmos horarios estará en servizo o tren turístico, que facilitará os desprazamentos entre os locais, xa que a ruta abrangue todo o casco urbano e mesmo Bértoa.

Os establecementos participantes estarán identificados con moqueta no exterior, bandeiríns e carteis, e todo o material que se utilizará para servir as tapas, como manteis, servilletas e os pratos, tamén serán conmemorativos da iniciativa. De igual xeito, os hostaleiros utilizarán mandís identificativos de Carballo por Etapas, o que contribúe a unificar a imaxe dos 21 locais que integran a ruta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios