O BNI da Costa da Morte quere abrir as súas portas

Imaxe dunha reunión deste ano do BNI Dolmen de Dombate

Levan facendo negocio dende 2017 como un dos principais grupos empresarias de todo o estado. O BNI da ACO Dolmen da Costa da Morte é a día de hoxe o 3º grupo de empresas que máis cartos move dos 130 que hai en toda España. “No mes pasado podemos contabilizar máis de 5 millóns de euros en movemento gracias ao BNI”, sinala Javier Iglesias, de Comercial Iglesias, en Tordoia, actual coodinador de apoio a membros.
Iglesias forma parte da directiva que preside Mar Barreiro (Reneymar, Carballo), e que ten a Nicolás Canosa (Servín, Arteixo), como vicepresidente.

Dende a súa fundación, o funcionamento deste singular e esixente colectivo empresarial, se basea na colaboración entre socios, na fixación de obxectivos moi claros e directos e na implicación de todos e cada dun dos participantes.
Desenvolven unha reunión semanal online cada mércores ás 6:00h. Son reunións tempraneiras, que nunca duran máis de 2 horas para que cada profesional poida volver aos seus quefaceres empresariais antes das 8:30h. Pero cada 2 meses fan unha reunión presencial, itinerante e aberta. “Agora somos 72 empresas e autónomso, pero queremos seguir medrando”, e para iso invitan a profeisonais de todos os sectores a poñerse en contacto co BNI (no 669 81 33 60) para poder seren invitados.

A cita será o vindeiro 28 de maio en Arteixo, no Rincón de Pastoriza (o que foi sempre o Mesón Pastoriza), ás 7:15h.

Como cada sesión deste tipo, abrirña a sesión un almorzo de networking para irse presentando, e despois, xa nas mesas, cada empresa socia ten 20 segundos para presentar o seu proxecto e indicar que lle gustaría conseguir dos seus compañeiros (clientes, contactos, colaboración…).
Os invitados tamén teñen 20 segundos para presentar o seu proxecto e indicar que poden ofrecer ao colectivo empresarial.

Tamén teñen un momento de educación, para seguir facendo formación, e un momentode calidade, como unha pequena autoaditoría para calibrar a atención dos presentes.

Deste xeito, o BNI abre un pouco ás súas portas a novas entidades.

Máis novas