Martes. 16.04.2024
El tiempo

O BNI fai músculo en Santa Comba

BNI en Santa Comba
O BNI fai músculo en Santa Comba

Fan un traballo silencioso cada mércores case que de madrugada. Pero de cando en vez saen á luz, con eventos algo máis abertos. Así acontecía onte, cando o BNI Costa da Morte celebraba a súa reunión de traballo semanal en Santa Comba. 146 empresario acodían trala invitación da alcaldesa María Pose, que tamén participa como responsable do Grupo Pose.

Maria Pose e oGrupo Pose no BNI
María Pose co Grupo Pose no BNI

Estas reunións, moi madrugadoras, son tremendamente áxiles. Os empresarios dan conta dos seus fitos (contactos realizados, transaccións feitas con eses contactos, propostas de novos contactos…) en apenas 45 segundos, nun exercicio de transparencia e responsabilidade empresarial que fai que o grupo sexa un dos máis produtivos de toda España e o máis numeroso de Europa.

Na sesión celebrada en Santa Comba os asistentes, despois dunha intensa xornada de traballo, visionaron un vídeo sobre a capital do Xallas coa explicación da alcaldesa, María Pose, sobre as imaxes que se ían visionando.

Na súa intervención, María Pose sinalou que “Santa Comba coñécese históricamente polo seu vínculo co campo, principalmente co sector gandeiro e con unha especial incidencia na producción leiteira. É o terceiro municipio de Galicia en número de cabezas de gando”, aínda que “é moito máis. Ás actividades do agro, súmase a mineiría, unha industria que noutro tempo marcou a vida de moitos veciños e tamén o devenir histórico do municipio”.

Sinalou a alcaldesa diante dos empresarios invitados que “o noso polígono industrial alberga empresas que teñen a Santa Comba como centro de operacións por ser o entorno perfecto para o desenvolvemento empresarial grazas á disponibilidade de espazo e a unha administración cercana con un servizo eficaz. Estas condicións óptimas, sumadas á súa ubicación, axudan a que as industrias poidan medrar, desenvolverse e expandirse coa conseguinte creación de emprego que faga esquecer aqueles tempos en que os nosos veciños emigraban a Brasil ou Centroeuropa. A só 38 quilómetros da capital de Galicia, en cen quilómetros á redonda as empresas xalleiras teñen ó seu alcance tres aeroportos e varios portos pesqueiros ou de mercadorías destacando os da Coruña, Vigo ou Ribeira. Por todo iso, Santa Comba convértese na mellor elección para o desenvolvemento dun proxecto empresarial”.

Modelo BNI

O modelo do BNI chegou de Estados Unidos e funciona desde 1985 coa finalidade de facer contactos de negocios. Basease nas intercaccións entre os socios e na confianza que xeneran entre eles nas habituais reunións que celebran para recomendarse a terceiros ou para compartir información que poida ser relevante para a súa actividade.
​A filosofía do BNI é ‘Givers Gain’ (os que dan recibirán). Ofrece ós seus membros a oportunidade de compartir ideas, contactos, redes e ata referencias de negocios. Ser socio de esta organización supón que o resto de compañeiros actúan como un equipo de comerciais

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios