Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNI Costa da Morte celebrou os seus 300 almorzos de traballo

Reunion BNI Costa da Morte e Vimianzo 2
O BNI Costa da Morte celebrou os seus 300 almorzos de traballo

Esta mañá de mércores, ben cedo, o Restaurante A Lagoa de Vimianzo acollía o evento 300 + 1, Organizado polo grupo BNI da Costa da Morte, xuntáronse máis de 200 empresas nesta reunión de networking (traballo en rede) para celebrar os 300 almorzos de traballo que levan realizado dende 2017 o grupo chamado BNI ACO Dolmen.

Ademais dos 84 soci@s, participaron máis de 100 empresas invitadas das zonas da Costa da Morte, Coruña e Santiago, das que, probablemente, algunhas entren a formar parte do grupo, e pasen a ampliar a rede de contactos.

Reunion BNI Dolmen Vimianzo
A alcaldesa de Vimianzo coa directiva do BNI

Participou tamén a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, que, sen entrar en política, si que lembrou as posibilidades que ofrece o polígono de Vimianzo.
Despois do almorzo, realizaron unha visita ás empresas Cárnicas Domínguez e a fábrica de Gerca, para rematar de novo nun xantar na Lagoa.

BNI en Gerca 2
Melani Lois facendo a visita aos empresari@s do BNI en Gerca
BNI en Gerca
Visita a Gerca

O BNI

O grupo seguirá fomentando a creación de negocio. ”A misión de BNI é axudar aos membros a facer crecer o seu negocio mediante un programa de marketing colaborativo ou de referencia estruturado e profesional, que lles permita desenvolver relacións profundas e duradeiras con profesionais de calidade”, explica o actual presidente Jorge Mata.
Por agora levan 32 millons de euros xerados no marco do grupo, convertindo o Dolmen no mellor grupo de BNI España en dúas ocasións, e conseguindo ser nalgún momento o grupo máis grande de Europa con 125 empresas.

En Galicia existen na actualidade 31 grupos de traballo como o da Costa da Morte que agrupan a un milleiro de empresas dos máis variados perfís. En España, máis de 10.000 empresas forman parte da rede, superando a nivel mundial as 298.000 empresas repartidas en 76 países, o que a converte na rede de Networking máis grande do mundo.

Reunion BNI Costa da Morte en Vimianzo 3

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios