O BNI demostrou a súa fortaleza empresarial en Vimianzo

Comprobaron a súa seriedade e eficacia como un dos grupos que máis facturación produce de todos os BNI de España, o delegado do Goberno, José Miñones; a conselleira de Traballo e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o delegado provincial, Gonzalo Trenor ademais dos alcaldes e alcaldesas de Vimianzo, Camariñas, Laracha, Ponteceso, Cabana, Camariñas, Muxía, Fisterra, Malpica, Carballo, Zas, Corcubión, Mazaricos, Laxe e Santa Comba.
Foi a Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, a que avanzou que a Costa da Morte será unha das zonas estratéxicas onde se asentarán os 12 polos de emprendemento no rural. Uns entes que forman parte dos orzamentos de Emprego e Igualdade para 2022, que suman un total de 380M€, un 9,2% máis que en 2021, para impulsar un mercado laboral máis profesionalizado, produtivo e colaborativo e unha Galicia máis igualitaria
A voz do BNI foron Juanjo Molinos, director executivo en Galicia, que foi encargado de repartir os galardóns dos empresarios do ano a Jesús Picallo, Javier Cumplido, Miguel Ángel Fernández, Vicente Domínguez, Adolfo López, Diego pérez, Gonzalo López, Jesús Manuel Barrientos, Javier Pérez, Fernando Espasandín e Francisco García.
As cifras
O tecido empresarial estivo representada polas 109 empresas da Costa da Morte, desde Sada ata Fisterra pasando por Santa Comba e que forman parte de BNI, de sectores tan dispares como a alimentación, sanidade, automoción ou a construción.Todas elas responsables da creación de 1500 empregos directos e de xerar 12 millóns de facturación en negocios inter relacionados.