Clara Martín faise co VII Premio de Poesía Eduardo Pondal da Editorial Medulia
A Editorial Medulia, que coordina a cormelá Diana Varela, vén de dar a coñecer a obra gañadora do VII Premio de Poesía Eduardo Pondal.
Tras o debate do xurado, aberta a plica pola secretaria, a obra elixida resultou ser “Asfixia”, de Clara Martín, presentada baixo o pseudónimo de “Isué Ajrú”.
A poeta e artista plástica, nacida en Verín, foi galardoada anteriormente con múltiples premios literarios. E conta no seu haber con diferentes publicacións que atinxen xéneros como o teatro, o relato curto ou o colaxismo.
Trátase dun libro que conxuga unha perfecta composición global do conxunto de poemas, concibidos como un todo; sen perxuizo de que cada un dos textos teña entidade, singularidade e sentido propios.
O xurado destaca a elevada cantidade de manuscritos presentados ao certame, e a alta calidade dos mesmos.