Xosé de Cea, gañador do V Premio de Poesía Eduardo Pondal
00:54 17/05/23
O libro "Dende a miña barricada de sofás e canapés", de Xosé de Cea, foi escollido polo xurado da Editorial Medulia como o gañador do V Premio de Poesía Eduardo Pondal. A editorial da combativa cormelá Diana Varela, reivindica así o poder das nosas Letras Galegas.
Cea, nado en Barcelona, estudou Ciencias da Información e traballou como xornalista para La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública ou Página Abierta.
Ten recibido premios como o Letras da Cal ou o Meiga Moura, e accesits en certames como o Torrente Ballester, o Raíña Lupa, Francisco Añón ou o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil.