A Costa da Morte será protagonista na Vuelta a España máis internacional

Alcaldes da comarca coa deputada de Deportes e o Director de La Vuelta 2020 na presentación oficial

Xa o sabíamos dende hai un mes, pero hoxe confirmouse. Unha das etapas máis espectaculares de La Vuelta 2020 será a contrarreloxo que de 33,5 quilómetros que partirá de Muros, atravesará Carnota e rematará cun espectacular ascenso ao Mirador do Ézaro.

Así o ratificaron na presentación oficial do percorrido que se celebrou en Madrid, á que asistiron o gran valedor da chegada do pelotón á nosa bisbarra, o deputado e alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño; xunto o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido “Moma” e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, acompañados pola deputada Cristina Capelán.

Esta será ademais a cita máis internacional pois discorerrá polos Países Baixos, Francia e Portugal ao longo das súas 21 etapas. Un feito que pode servir para extender “dar unha maior proxección da nosa provincia a nivel mundial nun evento televisado en directo que cada ano é seguido por millóns de espectadores en máis de 90 países”, como lembran dende a Deputación.

A etapa 

A da Costa da Morte será unha etapa decisiva, pois terá lugar o 1 de setembro, na última semana da carreira, e en formato “contrarreloj”. Partindo de Muros, atravesará 33,5 quilómetros pasando por Lariño, Carnota, San Mamede, Panchés, Quilmas e O Pindo para rematar nun dos finais máis duros e emblemáticos da historia de La Vuelta: o miradoiro do Monte Ézaro, en Dumbría, cunha pendente do 30%.

 

Novas relacionadas