Luns. 16.12.2019
El tiempo

La Vuelta 2020 volverá subir o Mirador do Ézaro nunha espectacular contrarreloxo

Imaxe de La Vuelta 2016 subindo ao Mirador do Ezaro-Foto: Rafa Quintáns
Imaxe de La Vuelta 2016 subindo ao Mirador do Ezaro-Foto: Rafa Quintáns
La Vuelta 2020 volverá subir o Mirador do Ézaro nunha espectacular contrarreloxo

Xa algo sabían cando presentaban o pasado mes de xaneiro a nova edición do Gran Fondo Ézaro, unha ds probas ciclistas áis importantes do país. #LaVuelta20 volve ao Ézaro, e faino ademais cunha contrarreloxo que pode quedar espectacular.

A proba, como fixo en 2016, 2013 e 2012, volverá ter un final de etapa no alto do Mirador do Ézaro, concertido xa en porto mítico porto de apenas 2 km, pero con rampas do 29%.

A etapa será de arredor 30 km, e posiblemente partiría de Muros e pasaría por Carnota. As imaxes, serán, de seguro, espectaculares, e servirán, de novo como gran revulsivo económico para o sector turístico da Costa da Morte.

A presentación oficial de #LaVuelta20 será o vindeiro 17 de decembro, pero xa sabemos que arrincará o venres 14 de agosto (en Holanda) e terá, ademais da costeira, unha ou dúas etapas máis en Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios