Luns. 14.10.2019
El tiempo

Da man ata o Mirador do Ézaro

Da man ata o Mirador do Ézaro
Indurain e Chiapucci chegando a meta do Gran Fondo Ezaro

Non chegaron na cabeza do pelotón, pero na súa cincuentena, Indurain e Chiapucci foron os grandes protagonistas revivindo os seus míticos duelos dos anos 90 deste Gran Fondo Ézaro, unha proba que xa é unha referencia a nivel internacional. A gran aposta do Concello de Dumbría polas dúas rodas, permitíu disfrutar dunha proba con un millar de ciclistas polas estradas da Costa da Morte, un evento único e a manifestación ciclista máis numerosa de Galicia.
Un evento que serve ademais como gran revulsivo económico e turístico para toda a Costa da Morte, como xa demostrou o efecto Vuelta no 2012.

Toda a comarca quedou encantada co paso do xigantesco pelotón, pois foron veciños de Dumbría, Cee, Muxía, Mazaricos, Carnota e Muros os que puideron disfrutar da carreira. Por iso a cita deportiva só se pode considerar un rotundo éxito.

Politicos de Dumbria Muros e Muxia no Gran Fondo Ezaro

Chegaron da man Indurain e Chiapucci, deixando atrás vellas revanchas porque ademais parecía que o diábolo ía chegar máis atrás que un Miguelón que ata o esperou. Pero foi o estradense Óscar González, do Efapel, quen se impuxo na liña de meta por diante de Delio Fernández, do Quinta da Lixa. Por detrás foron chegando míticos ex-ciclistas Álvaro Pino, Óscar Pereiro, José Iván Gutiérrez, David Blanco, José Ángel Vidal ou José Manuel Oliveira, e Javier Guillén (director xeral de Unipublic), Carlos Muñiz (presidente da Federación Galega) e os profesionais Álex Marque, Gustavo César Veloso, Delio Fernández e Óscar González, que acudiron á chamada do organizador, Ezequiel Mosquera, que tamén se subiu á bici.

As impresións dos protagonistas

Chiapucci e Indurain ao final do Gran Fondo Ezaro

“Ézaro pareceume máis duro que cando vin gañar a Purito Rodríguez sentado no sofá”, dixo Induráin en meta. “Xa sabemos como é Galicia, cun terreo moi esixente. Pero coa afección que te anima, dosificando, podes con todo”, dixo Induráin na meta. “Unha bonita experiencia, pero un percorrido duro, porque no hai un quilómetro chan”, dixo Chiapucci.

Os gañadores

Nos primeiros 30 quilómetros, o pelotón rodou en marcha controlada ata A Virxe da Barca (Muxía), onde estaba o primeiro avituallamento. Logo, como sempre, a estrada puxo a cada un no seu sitio, aínda que cun pelotón tan numeroso, era difícil progresar nas estreitas estradas galegas.

Durisimas rampas no Formigon do Gran Fondo Ezaro

A dura subida ao Miradoiro de Ézaro, con costas de ata o 30%, fixo a selección definitiva no grupo de cabeza, uns vinte ciclistas que chegaron agrupados ao pé do muro dos muros.
Óscar González fixo o percorrido en 4h 47:49, con Delio Fernández a 3 segundos. A continuación entraron Francisco Javier Iglesias, a 1,11; Luis Calvo, a 1,33; e Jacobo Piñeiro, a 2,04. Nos 1.850 metros finais de ascensión a Ézaro, o mellor foi tamén Óscar González, con 8:39. Segundo, Delio Fernández, a 3 segundos; terceiro, Gustavo César Veloso, a 23; cuarto, Álex Marque, a 24; quinto, Francisco Javier Iglesias, a 1,09; e sétimo, Ezequiel Mosquera, a 2,01. Claudio Chiappucci empregou 13:45 e Miguel Induráin, un segundo máis.

Saida do Gran Fondo Ezaro 5 minutos para sair os 1000 ciclistas do Gran Fondo Ezaro

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios