Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo

O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo

O portugués David Vaz foi o gañador da ruta longa do Gran Fondo Ézaro 2018 que serve de gran atractivo turístico-Foto-Jorge Castro O portugués David Vaz foi o gañador da ruta longa do Gran Fondo Ézaro 2018 que serve de gran atractivo turístico-Foto-Jorge Castro

Éxito sen paliativos o do Gran Fondo Ézaro 2018, coa mellor marca histórica de participación e cunha organización absolutamente impecable. 1.400 ciclistas demostraron que o deporte ten un potencial social tremendo e o evento ciclista que organiza cada ano o Concello de Dumbría así o demostra, sendo ademais un atractivo turístico indiscutible para a bisbarra.

Máis alá dos resultados (xa poden consultar os resultados completos) esta foi a cita máis internacional, no primeiro ano que a proba conta coa designación por parte da UCI Gran Fondo World Series como proba puntuable para o mundial de Varese (Italia), a única de España incluída na lista deste organismo internacional, que selecciona para iso só a unha veintena de probas en todo o mundo.

As estampas do abao multiculor polas estradas da bisbarra quedan para a lembranza de moitos veciños e afeccionados de toda Galicia que se achegaron ata a zona para disfrutar deste espectáculo deportivo. Ademais o día acompañou e permitiu que a proba pasase con normalidade polos concellos de Dumbría, Muxía, Muros, Cee, Carnota e Mazaricos, tendo o seu punto forte no ascenso do 'muro dos muros', a subida ao Mirador de Ézaro, co seu impresionante desnivel, que un ano máis supuxo reto e espectáculo a partes iguais.

O muro dos muros no Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro O muro dos muros no Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro 2 O muro dos muros no Gran Fondo Ézaro-Foto-Jorge Castro

Os máis rápidos

Saida do Gran Fondo Ezaro Saída do Gran Fondo Ézaro Na ruta longa, de 140 quilómetros, o vencedor foi o portugués David Vaz, que fixo o percorrido en pouco máis de 4 horas e 13 minutos, con só 9,38 minutos para a subida ao mirador de Ézaro. En canto ás mulleres, a máis rápida foi Marta Diéguez, cun tempo de algo máis de 5 horas e 9 minutos e un ascenso ao mirador que durou pouco máis de 14 minutos e 18 segundos. Prrimer clasificado en la ruta corta Ricardo Gabriel Silva de Barcelos Portugal Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Prrimer clasificado en la ruta corta Ricardo Gabriel Silva de Barcelos Portugal -Foto-Jorge Castro No relativo á ruta curta, de 70 quilómetros, o máis rápido foi Ricardo Gabriel Silva, que realizou a ruta en pouco máis de 2 horas e media, mentres que a subida ao Ézaro levoulle 11.32 minutos. Entre as mulleres, a máis rápida foi Ana Portela, con 3 horas e 12 minutos e algo máis de 20 minutos para subir ao mirador. Segundo clasificado Luciano Mitxela Irazqui de 70 anos do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Luciano Mitxela Irazqui, de 70 anos foi o segundo clasificado da Ruta Corta do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Ademais dos premios absolutos e por grupos de idades, entregáronse recoñecementos ao grupo máis numeroso, que foi para a Asociación Deportiva Media Ducia (con 31 participantes) e ao ciclista que veu desde máis lonxe, o danés Thomas Brixen.

Os famosos

MARINO LEGARRETA Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Marino Lejarreta, escoltado polos ciclistas do CD Froiz, foi o nº1 do Gran Fondo Ézaro 2018-Foto-Jorge Castro

Mantendo a tradición de atraer ciclistas de renome internacional, e collendo a testemuña de referentes como Miguel Indurain, Alex Zülle, Claudio Chiapucci, Anxo Casero ou Tony Rominger, este ano o dorsal número 1 foi para o ciclista español Mariño Lejarreta, o Junco de Bérriz, ao que acompañou, co número 2, o galego Gustavo César Veloso. Lejarreta, aos seus 61 anos, fixo a ruta corta e chegou na 86ª praza.

Ademais, e entre outros coñecidos nomes deste deporte, o triatleta Javier Gómez Noya, que se alzou o ano pasado co mellor tempo no Gran Fondo Ézaro, regresou á cita e entrou de 21º, na que tamén participou o ciclista Carlos Sastre, cando se cumpren 10 anos da súa vitoria no Tour de Francia, e chegou de 105º na ruta corta.

GOMEZ NOYA no Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Javi Gómez Noya no Gran Fondo Ézaro 2018-Foto-Jorge Castro

O Gran Fondo Ézaro arrincou pasados uns minutos das 9,00 horas, co corte protocolario de cinta no que participou a secretaria xeral para ou Deporte da Xunta, Marta Míguez, e representantes de patrocinadores como Rede Eléctrica de España ou Ferroatlántica, así como dos concellos polos que transcorre a ruta e da empresa organizadora, EME Sports.

Autoridades na saida do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge castro Autoridades na saida do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Alguns dos Organizadores Concello Dumbria no Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro Algúns dos Organizadores do Concello Dumbría no Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro

Novas relacionadas

Deporte e Turismo

Máis ciclismo en Dumbría

 

Fonte

Comentarios