COVID: Triplícanse os casos nas dúas últimas semanas

A semana pasada confirmouse o cambio de tendencia e tras dous meses de incidencia mínima, a curva volvía picar cara arriba. En apenas dúas semanas o número de casos triplicouse na Costa da Morte, superando xa os 150, e unha incidencia acumulada duns 115 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.

Se a semana pasada foi un gromo en Mazaricos o que provocaba o salto, esta tócalle ao Concello de Carballo pasar dos 12 da semana pasada aos 35 desta.

Últimos repasos semanais sobre o COVID