COVID: Triplícanse os casos nas dúas últimas semanas

11:19 01/12/21
A semana pasada confirmouse o cambio de tendencia e tras dous meses de incidencia mínima, a curva volvía picar cara arriba. En apenas dúas semanas o número de casos triplicouse na Costa da Morte, superando xa os 150, e unha incidencia acumulada duns 115 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.
Se a semana pasada foi un gromo en Mazaricos o que provocaba o salto, esta tócalle ao Concello de Carballo pasar dos 12 da semana pasada aos 35 desta.
Últimos repasos semanais sobre o COVID
- 24-11-2021: COVID: A curva volve subir.
- 11-11-21: Lixeira subida pero a incidencia segue á baixa.
- 28-10-2021: COVID: Bergantiños non rexistrou ningún novo caso na última semana.
- 21-10-2021: COVID: Só 4 concellos detectaron algún positivo na última semana.
- 12-10-2021: COVID: 11 concellos non rexistraron ningún positivo nas dúas últimas semanas:
- 29-09-2021: En mínimos.
- 17-09-2021: COVID: Todos os Concellos quedan en Nivel Baixo de Restricións cando se pon en vigor o novo Plan “Hostalería Segura”.
- 27-08-2021: COVID: Falece unha muller de 99 anos no Hospital de Cee.
- 25-08-2021: COVID: 6 Concellos seguirán en Nivel Alto de restricións.
- 19-08-2021: COVID: 15 concellos manteñen restricións a partir do sábado.
- 17-08-2021: COVID: Doblando a curva.