Mércores. 24.04.2024
El tiempo

COVID: A curva volve subir

  • Repasamos as últimas medidas que a Xunta quere aprobar en relación á hostalería
Grafica COVID Costa da Morte novembro 2021
Gráfica realizada por QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas.
COVID: A curva volve subir

O repaso semanal á incidencia do COVID na Costa da Morte pasa por facer tamén unha ollada algo máis ampla. Galicia ten xa 2.500 casos activos cun ritmo de 300 novos casos diarios (o doble que a semana pasada).

Neste contexto a Xunta acordou solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a proposta para que a hostalería teña que solicitar o certificado covid, para acceder aos locais. Unha medida que se complementaría con certos axustes no número de persoas por mesa ou agrupacións de mesas cun máximo de 8 persoas no interior e 15 no exterior, fronte ás 10 no interior e os 20 das terrazas vixentes ata agora.

Incidencia na comarca

Mentres o avance continúa por toda Europa, na Costa da Morte o aumento da incidencia medra pero máis lixeramente. Contabilízanse onte case un centenar de casos na bisbarra, pasando nunha semana dunha taxa de incidencia acumulada de 40, aos arredor de 75 novos casos rexistrados nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes. A cifra máis alta dende a semana do 14 de setembro.

A subida máis pronunciada dase en Mazaricos, chegando aos 15 casos rexistrados na última semana. A semana pasada contabilizábanse 55 casos en toda a comarca, e onte chegan a 96.

Taboa datos CoVID Costa da Morte 23-11-2021

Últimos repasos semanais sobre o COVID

Comentarios