Martes. 19.02.2019
El tiempo

En Marea esixe á Xunta que faga cumprir a concesión á Ferroatlántica

En Marea esixe á Xunta que faga cumprir a concesión á Ferroatlántica
En Marea con Ferroatlantica-FotoRafa Quintans Reunión En Marea co comité de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintáns

Despois da axitada mañá ás portas de Ferroatlántica, co gallo da concentración da CIG en apoio ao traballador despedido por un comentario nas rrss, o Comité achegábase ao Salón de Plenos do Concello de Cee para recibir a visita do grupo parlamentario de En Marea.

O voceiro Luís Villares, acompañado polo vicevoceiro no Parlamento, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal, mantiveron unha xuntanza coa equipa de traballadores da empresa en Cee que trasladaron a súa preocupación pola paralización da actividade en dous fornos que xa deixou a máis de 60 persoas na casa sen traballo.

Para Villares falamos dunha empresa “viable polo que non se entende a negativa da empresa a informar sobre o seu futuro.

Membros do Comite de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans Varios membros do Comite de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintáns

Unha cuestión europea… e galega

Por un lado Villares recoñecía que a regulación do sector electrointensivo é “unha cuestión que está pendente en todo o Estado e que é precisa para evitar a competencia desleal non só a nivel de España senón de toda a Unión Europea”.

Pero tamén destaca que “a Xunta de Galicia ten que facer cumprir a concesión das eléctricas vinculadas ao futuro industrial da comarca, algo que non está a suceder”. “No caso de que a paralización dos dous fornos se fixera indefinida faría inviable a factoría de Ferroatlántica en Cee o que supón un incumprimento da concesión” asegurou Villares.

Por ultimo, lamentou a perda de traballadores. “Aínda que non exista un ERE formulado legalmente existe xa que se está a realizar mediante rotacións de persoal e non cobertura de baixas” concluíu o voceiro de En Marea.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios