Guía para gozar da eclipse no esplendor da súa totalidade na Costa da Morte

O Cabo Roncudo será un lugar ideal para ver a eclipse total
  • As mellores recomendacións e os mellores para ver este feñómeno único na comarca

Non é o mesmo unha eclipse parcial, aínda que sexa ao 99,9%, que unha eclipse total. Por iso, como xa vos contamos, os únicos concellos da Costa da Morte dende os que se poderá ver a eclipse en toda a súa totalidade serán os da Laracha, Carballo, Malpica Coristanco e Ponteceso.

I é que a franxa para observalo, a pesar de ter uns 250km de ancho, corta xusto a nosa comarca, facendo que de Cabana (non en todo o municipio) cara o norte se poida ver a totalidade da eclipse, pero de Zas cara abaixo, fiquen ao 99,8-99,9%.
O problema é que mesmo ao 99,9% non se apreciará nin a coroa do sol arredor da lúa, nin haberá unha rotunda baixada da temperatura e da luminosidade. Polo que a experiencia non será a mesma, aínda que seguirá sendo unha cousa expepcional.

Para os concellos do norte, a totalidade varía, e durará entre o 1 segundo que será visible dende lugares como A Carballa (Cabana) ou Budián (Zas); ao 1’02min que se poderá gozar dende Caión. Polo medio atopamos Ponteceso, con 13 segundos de totalidade; Coristanco con 33, Carballo con 45, Malpica case 50 ou A Laracha arredor dos 55.

Con todo, a nosa será a única zona onde ademais da eclipse, apenas unha hora despois, poderase gozar do solpor sobre o Atlántico. Esperando sempre que a nubosidade non empañe o espectáculo natural.

Datos chave

O sol estará a unha altura de 12º sobre o leste, o que permitirá ser visto dende moitos puntos da comarca.
O proceso consta de 3 partes para os Concellos que vivirán a totalidade da eclipse. A primeira parte será de parcialidade, e comeza aproximadamente 50-55 minutos antes do momento de Totalidade, pero só se fará visibible nos últimos minutos, preto das 20:28, que será a hora da máxima totalidade, na nosa comarca, cando a lúa se poña complemente diante do sol, provocando unha baixada da luz espectacular que permitirá ver as estrelas, unha baixada de temperatura, e a saída da coroa do sol, un fenómeno espectacular. A terceira fase, de novo parcial, durará máis ou menos o mesmo que a primeira.

Durante todo o proceso cómpre estar mirando con gafas homologadas ou dispositivos como caixas estancas, e só durante os segundos que dura a totalidade se pode mirar sen filtros.

Aplicacións para saber se se ve

Podedes urtilizar algunhas destas APPs para descubrir se se ve dende a vosa casa ou o recuncho que escollades:

Donde ver a eclipse Concello a Concello

Na Laracha

Como concello máis ao norte da comarca, será o mellor sitio da comarca, pois a eclipse total durará 1’02 minutos.

O Concello recomenda acodir ao Paseo marítimo de Caión, onde caben máis de 6.000 persoas.

Pero tamén no Miradoiro de Santa Marta ou no Castro de Montes Claros.

En Malpica

En Malpica entre os 41 segundos de Punta Nariga e os 48 segundos do Paseo Marítimo de Malpica.

Os puntos sinalados son:

  • Malpica: Paseo Marítimo (o tramo entre o Bar o Océano ata a praza das vivendas dos mestres).
  • Monte de Beo (encima da Hermida do Santo Hadrián, camiño das antenas).
  • Punta da Moa (Barizo) (na zona dos restaurantes La Ratona, As Garzas, Casa Vasca e a Cetaria A Ostreira)
  • Punta Nariga: O Castelo e o Faro (pecharanse os accesos ao tráfico rodado de vehículos o traslado realizarase exclusivamente en autobuses fretados polo Concello de Malpica, con reserva previa. Total: 220 prazas).
  • Parque García Alén de Buño, coa familia do Quinteiro que prepara unha tarde de música.

En Ponteceso

O Concello prioriza o Cabo Roncudo, onde o Concello instalará un punto de observación. Pero tamén en toda a estrada cara ao Faro, estará fenomenal para gozar a eclipse no seu esplendor.

Outros puntos interesantes do termo municipal pontecesán serán Miradoiro do Monte Branco, entre o Couto e Balarés, ou o Miradoiro da Ghurita, no alto de Corme.

Cabana

E Cabana, a cousa ponse complicada, pero se cadra o Monte Perrol, con 9 segundos de totalidade, é un punto alto singular. O Alto do Gontón será aínda mellor.

En Carballo e Coristanco

Dende calquera parroquia de Carballo e Coristanco se poderá ver con normalidade o eclipse total, durando a totalidade en Carballo uns 52 segundos, e uns 35 por Coristanco.

A eclipse parcial

O resto da comarca terá que conformarse cunha eclipse parcial, que non é pouco.

Por exempo puntos altos do interior como o miradoiro de San Bartolomeu de Santa Comba, ou o Pico de Meda de Zas ficarán ao 99,98%, xusto na fronteira.

Tamén fica aí o termo municipal de Laxe, dende onde se recomendan puntos como o Faro Insua, Santa Rosa, ou as zonas máis ao norte das praias de Soesto e Traba

Xa vimos ademais 6 puntos fantásticos para ver a eclipse arredor do Monte Pindo, entre Dumbría e Carnota, e como non tamén será unha pasada dende toda a zona costeira de Camariñas, Muxía e Fisterra.
Zonas como o Cabo Vilán, Cabo Touriñán, Lires-Nemiña, A Nave, Cabo Fisterra serán lugares marabillosos para ver a eclipse parcial, e ficar a un solpor inesquecible,