Recunchos da Costa: O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa

No corazón de Bergantiños, ao carón do lugar da Mata (Concello de Cabana), álzase, escoltado por viraventos e eucaliptos, o Monte Perrol. Un lugar cunhas vistas privilexiadas, tanto cara o interior, como cara a costa, e dende onde podemos aprezar a beleza, por exemplo, das illas Sisargas.
O Monte acolle, esquecida polas administracións na tramitación en 2004 do Parque Eólico Silvarredonda, unha mámoa, xa que nos atopamos nun “lugar estratéxico do culto celta ao sol”, segundo sinalan moitos historiadores.
O Val de Corcoesto coas Sisargas de fondo
O cumio do monte é chamado Cabeza Carneiro, que evoca as batallas de carneiros pola supremacía da manda, deixando entrever que no lugar existiu “un importanto lugar de culto dos celtas ao deus Ar ou Ram, o carneiro solar.”
As Asociacións da zona teñen lembrado e innumerables ocasións a Xunta a necesidade de realizar o proxecto arqueolóxico para sacar do esquecemento esta mámoa.
O miradoiro principal está na zona oeste, na zona que mira cara o litoral. Pero ao carón do aerexenerador nº4, preto da subestación eléctrica, hai unha interesante zona na que superando os toxos e as defecacións das cabras, se poden chegar a unhas pedras dende as que se ten unha interesante vista do interior da comarca de Bergantiños, parte da comarca de Soneira e os montes do Xallas.
Vistas da Mata e a zona do Xallas
Vistas a Carballo cara o interior dende o Monte Perrol
Como chegar
Para chegar, cómpre coller a LC-423, se ves dende a autovía AG-55 ou dende a Nacional AC-552, dende o lugar de Agrilloi, ou dende Ponteceso. Dende Agrillou, despois de pasar a Mata, e o seu famoso Bar Josefa, a un par de quilómetros hai unha pista forestal sinalizada xa como “Parque Eólico Silvarredonda”, por onde acceder, sen problemas, aos miradoiros.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.