Máis de 20 propostas para a #AxendaCostadaMorte deste ecuador de novembro

Malasombra Producións traerá a obra Bernarda a Santa Comba e Ponteceso

Ecuador de Novembro e a AxendaCostadaMorte segue cargadísima. Ata 20 eventos singulares contabilizamos esta fin de semana, comezando coas citas teatreiras, pero seguindo polas gastronómicas, musiqueiras, naturais ou patrimoniais.

Parte costeiro

Despois do forte temporal de vento e mar que acechou a bisbarra este xoves, a fin de semana non vén moito mellor. En todo caso, non teremos as cifras do xoves. O venres será menos malo, continuando os chuvascos, con algunha saraiba polos ventos fríos, pero sen tormentas. O vento vai seguir soprando, pero algo menos fortes; e o mar non está en Alerta Vermella pero si en Aviso Laranxa, con ondas de ata 5 metros.
O sábado será un día relativamente tranquilo, un día de transición ata que chegue outra fronte pola noite. Así, durante o mediodía do sábado poderemos ter claros e menos vento.
A fronte que entra pola noite deixará outro domingo pasado por auga, e con ventos fríos do norte.

Finde teatreira

- O venres, o V Ciclo de Teatro de Santa Comba trae a Malasombra Teatro

- Muros segue apostando pola programación continua e trae o espectáculo visual e sonoro do grupo Perfusión para a tarde do sábado.

- O Mes da Fundación achega as historias de Celso Sanmartín a Cee, para a tarde do sábado.

- A Mostra de Teatro de Malpica trae dúas citas: o venres o Papar Sen Cancelas de Culturaactiva; e o sábado o monólogo de Pepo Suevos.

- O Ciclo de Teatro de Ponteceso trae a obra Malasombra Produción para a noite do sábado.

- O programa de Outono de Vimianzo trae o sábado a Talía Teatro.

- O domingo haberá unha nova cita familiar co Outono Rebuldeiro de Vimianzo, e a visita de Trémola Teatro.

Gastronomía

Nunca fallan, e seguro que non falla a Ruta deTapaenTapa por 12 establecimentos de Santa Comba, dende o venres ata o domingo 25.

Outras citas culturais, festexeiras e magostos

- Carme Adán presenta o seu libro Feminicio en Cee na tarde do venres.

- Zas celebra o venres o Día do Patrimonio cunha visita guiada ás Torres do Allo.

- Na mesma liña, Vimianzo invita as dúa visitas guiadas que realizará durante a mañá e a tarde do sábado nos Batáns do Mosquetín.

- O Novembro de Música de Carballo trae unha cita familiaro venres, co concerto de Pablo Díaz, e o sábado co “festival” Sons de Aquí.

- Malpica inaugurará este venres 15 de novembro, a exposición ‘Redeiras, unha profesión con historia’, organizada pola Federación de Redeiras, unha profesión con historia’. Será no Centro Cívico malpicán ás 18:00 horas.

- Senda Nova artella en Ozas, Carballo, un Encontro de Activistas a tarde do venres con dúas bravas mulleres hondureñas.

- O sábado, o pavillón de Laxe acolle o IX Magosto e Mostra de Artesanía.

- O sábado tamén hai Magosto Popular en Muxía.

- En Corme, o magosto faise en clave de Foliada na Praza do Pan na tarde sabatina.

- Xa de noite, poderemos bailar un pasodoble nas Festas de San Martiño de Carantoña, Vimianzo.

Citas naturais

- As XII Xornadas de Micoloxía do EFA Fonteboa son unha oportunidade para coñecer de preto o mundo dos cogumelos durante a tarde do venres e a mañá do sábado.

- As Andainas Saudables de Carnota percorren o domingo Senda Verde de Lira e Lariño.

- O Outono en Marcha de Senda Nova fai o domingo as ruta ds Pegadas Do Volframio por Malpica.

EXPOSICIÓNS

  • O Centro Cívico Malpica acolle dende este venres 15 de novembro, a exposición ‘Redeiras, unha profesión con historia’, organizada pola Federación de Redeiras, unha profesión con historia’. Estará aproximadamente un mes.
  • Centro Sociocultural de Baio acolle unha exposición, feita polo alumnado do IES baiés, sobre o noso pasado. Pódese visitar de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.
  • Tenda Turística Stoupa ten aberta a súa nova exposición de Nano Unzueta de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h, ata o 5 de decembro.
  • Galería Garabato expón a obra de Noemí D. Neira ata final de novembro.
  • Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE