Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

IX Magosto e Mostra de Artesanía en Laxe

17/nov./2019 a 17/nov./2019
17:30 h a 20:30 h
Pavillón Polideportivo Municipal de Laxe
Magosto e Mostra de Artesanía laxe
IX Magosto e Mostra de Artesanía en Laxe

O vindeiro domingo 17 de novembro celebrarase o magosto de Laxe, que pretende por en valor os productos alimenticios locais,ademais de ofrecer un espazo de lecer compartido para pequenos, medianos e maiores.

Deste xeito, a cita terá lugar a partir das 17.30 horas da tarde e ata as 20.30 horas, no Pavillón Polideportivo Municipal de Laxe, xa que tanto as condicións climatolóxicas e os requerimentos técnicos e de espazo impiden a súa realización noutros espacios. Tamén, demais do tradicional reparto de castañas e bebidas entre as persoas asistentes, haberá:

  • RINCÓN CON XOGOS para toda a familia.
  • INCHABLE.
  • OBRADOIROS de demostración dalgunhas das artesanías que serán expostas e das que iremos ofrecendo máis detalles según se vaia aproximando a data.
  • MÚSICA AMBIENTAL E FESTIVA EN DIRECTO protagonizada por diferentes agrupacións musicais locais.
  • MOSTRA DE ARTESANÍA na que participarán diferentes veciños e veciñas de Laxe, Asociacións municipais e comarcais, así como outras persoas que chegan de concellos veciños da Galiza amosando ó público asistente ás súas habilidades e destrezas na realización de diferentes productos artesanais.
Comentarios