Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Visitas guiadas aos Batáns do Mosquetín polo Día do Patrimonio

16/nov./2019 a 16/nov./2019
12:00 h a 17:00 h
visitas guiadas Batans Mosquetin
Visitas guiadas aos Batáns do Mosquetín polo Día do Patrimonio

Desde o Concello de Vimianzo celebran este sábado 16 de novembro o Día do Patrimonio aproveitando o tempo de chuvias para visitar un dos grandes descoñecidos do patrimonio etnográfico galego: os batáns do Mosquetín. 

Poucas veces no ano poden verse en funcionamento os mazos deste conxunto único en Galicia. Haberá dúas oportunidades este sábado 16 de novembro en dous pequenos grupos de máximo 25 persoas: unha quenda ás 12h e outra ás 17h. 

É imprescindible reservar para poder ver este emocionante movemento das manlles de madeira de carballo coa acción da forza da auga. O enderezo de correo electrónico é [email protected] 

Os batáns son construcións concebidas para o abatanado das teas, especialmente das teas de la. En liñas xerais adoitan ser edificios bastante rústicos nos que se sitúa un aparello de madeira con dous grandes mazos movidos pola forza da auga, que baten de forma alternativa os tecidos. Para máis información sobre o conxunto pode consultarse a súa páxina web https://osbatans.gal/ 

Comentarios