Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Andaina Saudable pola Senda Verde de Lira e Lariño

17/nov./2019
09:30 h
andainas saudables Carnota 2019
Andaina Saudable pola Senda Verde de Lira e Lariño

Volven as Andainas Saudables a Carnota durante os meses de outubro, novembro e decembro. Rutas que partirán ás 9:30 da mañá, que teñen unha lonxitude que ronda os 10 km e un tempo estimado de 3 horas e media.

A segunda é unha ruta circular que une as parroquias de Lira e Lariño a través da Senda Verde, situada a unha cota dos 200 metros sobre o nivel do mar e a Senda Azul, pola liña de costa. Esta combinación fai que se poda desfrutar de mar e monte en apenas uns metros. Esta segunda ruta terá lugar o 17 de novembro.

O itinerario da terceira das andainas prevista para o 15 de decembro, tamén é circular e unirá os lugares de O Pindo e Quilmas, visitando distintas representacións de arquitectura popular, como o Portiño de Quilmas ou as antigas fábricas de salazón.

Inscrición

As inscricións deberán formalizarse polo menos dous días laborais antes da realización de cada actividade.
Para inscribirse ou consultar máis información pódelo facer chamando ao Departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota: 981857032 ou enviando un email a: [email protected].

Comentarios