Máis composteiros caseiros para un Carballo Limpo

Despois do éxito da 1ª Fase de implantación do Plan de Compostaxe do Concello de Carballo, se procederán a ampliar os 60 primeiros composteiros en 25 máis. Outras 25 vivendas poderán beneficiarse deste proxecto piloto recibindo gratuitamente un composteiro, unha bolsa de estructurante natural e a formación e seguimento preciso para poñelo en funcionamento.

Na primeira fase realizáronse máis de 600 visitas, máis de 10 por vivenda, a valoración da primeira fase é moi positiva tendo un seguimento de consecución de compost de case o 100% das instalacións realizadas, das cales se espera sacar as primeiras doses de abono nos vindeiros meses do verán.

Os veciños, ademais, están encantados ca proposta e colaboran activamente reducindo así as toneladas de lixo que se leva a Sogama. De feito os 25 composteiros desta segunda fase son cedidos por Sogama por medio dun acordo de colaboración co Concello de Carballo.

As familias que o desexen, poderán dirixirse ata o 31 de marzo ao Rexistro Municipal e facer a solicitude, a cal se pode recoller no mesmo rexistro, no Concello.

Tamén nos Centros de Ensino

Ademais ADEGE cóntanos que está a facer o seguimento aos proxectos de compostaxe nos centros de ensino de Carballo. Durante estas semanas farán unha revisión visual, comprobarán o estado do composteiro, presenza de impropios, humidade e temperatura. Tanto o alumnado como o profesorado do centro poderán resolver dúbidas e no caso de que sexa preciso mellorar o proceso.

As actividades nos centros serán as seguintes o venres no colexio de Sofán-Gándara e o día 19 pasarán polo Fogar e o CEIP Bergantiños.

Campaña sobre a auga

Na vindeira feira do día 8 de marzo a partir das 11 horas, o Concello de Carballo realizará unha campaña informativa sobre o ciclo da auga e a importancia que ten o novo proxecto de captación do Anllóns Bardoso para o futuro da calidade de auga no noso concello e tamén a importancia que ten a colaboración de toda a cidadanía para conseguir este fin.

Desde fai xa tempo, desde o concello se está actuando nun dos aspectos importantes para tentar minimizar os efectos dos aceites vertidos polos sumidoiros nos fogares, algo que afecta á parte do ciclo de depuración de augas.
Durante a actividade deste domingo repartiranse 500 funís para axudar á reciclaxe de aceite e tamén información sobre o ciclo da auga, dúas persoas informarán sobre o mesmo.

Aproveitan para lembrar onde se atopan os colectores laranxa de recollida de aceites a onde se poden levar as botellas cheas deste residuos: nas dúas piscinas.

Novas relacionadas