Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira

Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira

Compostar significa poñer os restos das comidas, de poda ou de céspede nun composteiro para convertilos en compost. O compost é un abono natural de moi boa calidade. Por todo isto, é lóxico que unha comunidade rural como a nosa centre a súa atención na compostaxe caseira, que permtirá, ademais de bos aforros para as familias costeiroas, librar de abonos químicos os nosos campos.

50 novas familias veñen de adherirse ao Programa de Compostaxe Caseira de Camariñas, financiado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental e executado polo Grupo Soil e a asociación Amigos da Terra. Familias que se unen ás 50 casas de Xaviña comezaron a compostar xa en 2010 e ás 25 familias máis que se incorporaron este mes de febreiro.

Esta semana tiveron lugar na vila conserveira, dúas charlas sobre compostaxe, aproveitando ademais para repartir estes composteiros que xa recollen o lixo orgánico en cada casa. Por diante quedan as visitas individualizadas que farán casa por casa para resolver todas as dúbidas sobre a compostaxe, a separación de residuos e a agricultura ecolóxica. Pero o camiño por unha agricultura caseira máis ecolóxica vai adiante.

Charla sobre Compostaxe en Camarinas

Por qué temos tanto interese na compostaxe?

A primeira razón é para aforrar no recibo do lixo. A metade do que tiramos no contedor verde, o xenérico, é orgánico. Todo o que vai no contedor verde vai a Sogama e alí quéimano. En Sogama non o separan. Pagamos polo que levamos a Sogama, canto menos levemos menos pagaremos. Por iso se todo o mundo compostara aforraríamos a metade e pagaríamos a metade.
Está claro que non todos podemos compostar. Fai falta ter unha horta cerca. Pero se a metade da poboación de Camariñas composta aforraríamos un 25% que xa é moito.

A segunda razón é que lle damos valor aos nosos residuos orgánicos. Convertímolos en abono natural para beneficio dos froitos da nosa horta.

A terceira razón é a comodidade. Tirar os residuos orgánicos nun composteiro ao lado da casa é máis cómodo que desplazarse ata o contedor verde.

A cuarta razón é para mellorar na separación de residuos. Se os residuos orgánicos os poñemos no noso composteiro é máis fácil que separemos. O residuo que nos queda son maioritariamente envases lixeiros que van ao contedor amarelo. Unha nota, polo que vai ao contedor amarelo non se paga.

Máis interesados

Se alguén despois de ler esta noticia está interesado en participar nunha futura campaña visitade a Casa de Pedra preguntando por Sergio Caamaño, chamade ao 981 736 000 ou enviade un email a [email protected].

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios