Venres. 19.04.2024
El tiempo

50 casas de Carballo xa fan o seu propio compost

50 casas de Carballo xa fan o seu propio compost
O composteiro chegou a Carballo

Son cincuenta os fogares de Carballo que participan no programa de compostaxe caseira. E como en Camariñas xa o puxeron a traballar.

O primeiros composteiros do Programa de Compostaxe caseira posto en marcha polo Concello a través de Carballo Limpo xa están nas vivendas, como nesta na Avenida da Milagrosa.

En cada unha das casas entregarase un composteiro, unha bolsa de estruturante natural e ofrecerase a formación necesaria para poñelo en funcionamento. De feito, os beneficiarios do primeiro dos composteiros xa teñen recibido a información necesaria para comezar, que vai dende coñecer o correcto emprazamento da unidade -mellor nun lugar á sombra-, ata o tratamento dos residuos que se depositan no composteiro ou a aplicación de normas básicas como que a circulación do aire é fundamental para crear un compost de calidade e evitar a presenza de insectos ou de malos olores, que son un síntoma de que o proceso non se está facendo correctamente.
Despois da implantación, os técnicos de Carballo Limpo realizarán un seguimento en cada vivenda, con dúas visitas semanais durante o primeiro mes e unha semanal durante o segundo, tendo previsto que a atención e acompañamento ás instalacións se prolongue durante seis meses.
Na última etapa as visitas serán mensuais, de forma que as vivendas contarán sempre con atención especializada e supervisións.
Entre cinco e sete meses despois do seu comezo, o proceso para crear o compost debería estar rematado.

Programa de Compostaxe caseira en Carballo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios