O Carme en vea
Tremenda a Axenda da Virxe do Carme que temos na Costa da Morte. Estes 15 e 16 de xullo, ademais da pasada e a vindeira fin de semana, a comarca ten innumerables citas coas verbenas, e tamén con esas procesións marítimas que son todo un tesouto etnográfico do litoral galego, que tan ben coidamos. Non dubidedes en achegarvos ao porto e buscar acubillo nun deses barcos que saen todos os días a faenar, e que un día ao ano sae de paseo para agradecer á Virxe do Carme o seu coidado.
Así o comprobamos na Axenda de carteis das Festas da Costa da Morte para este verán de 2024, que está repleto de citas imprescindibles.
Como o Carme de Camariñas, unha das grandes festas da comarca, que ten danza de arcos e procesión martímia hoxe martes (despois da misa das 12:00h), pero que ademais reserva as grandes verbenas para o mércores coa París de Noia, e para o xovs coa Olympus.
A de Corme, que ca comezaba onte, vén on procesión despois da misa, e antes do Simulacro de Rescate, que as entidades salgadas da vila xa estrearon o ano pasado.
Se por Torea xa se gozaron das festas esta pasada fin de semana, estes martes e mércores aínda hai troula en Muros capital. A procesión marítima será ás 18:30h
Por Corcubión a procesión será despois da misa de 11:00h, mentres que en Cee haberá procesión de gaitas.
Tamén hai Carme en Zas, en Briño (Cabana), en Mazaricos, en Carantoña, ou en Moraime, para completar uns días de vertixe mariñeira.