mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Carme en vea

Naufraxio Carme Corme
Os percebeiros de Corme promoven unha representación dun rescate

Tremenda a Axenda da Virxe do Carme que temos na Costa da Morte. Estes 15 e 16 de xullo, ademais da pasada e a vindeira fin de semana, a comarca ten innumerables citas coas verbenas, e tamén con esas procesións marítimas que son todo un tesouto etnográfico do litoral galego, que tan ben coidamos. Non dubidedes en achegarvos ao porto e buscar acubillo nun deses barcos que saen todos os días a faenar, e que un día ao ano sae de paseo para agradecer á Virxe do Carme o seu coidado.

Así o comprobamos na Axenda de carteis das Festas da Costa da Morte para este verán de 2024, que está repleto de citas imprescindibles.

Como o Carme de Camariñas, unha das grandes festas da comarca, que ten danza de arcos e procesión martímia hoxe martes (despois da misa das 12:00h), pero que ademais reserva as grandes verbenas para o mércores coa París de Noia, e para o xovs coa Olympus.

A de Corme, que ca comezaba onte, vén on procesión despois da misa, e antes do Simulacro de Rescate, que as entidades salgadas da vila xa estrearon o ano pasado.

Se por Torea xa se gozaron das festas esta pasada fin de semana, estes martes e mércores aínda hai troula en Muros capital. A procesión marítima será ás 18:30h

Por Corcubión a procesión será despois da misa de 11:00h, mentres que en Cee haberá procesión de gaitas.

Tamén hai Carme en Zas, en Briño (Cabana), en Mazaricos, en Carantoña, ou en Moraime, para completar uns días de vertixe mariñeira.

Festas do Carme de Camarinas 2024

virxe-do-carmen-de-corme-ponteceso_img15045n1t0

Cartel Festas do Carme de Muros 2024

Festas do Carme de Corcubion 2024

Festas do Carme de Cee 2024

Festas do Carme de Zas 2024

Festas do Carme de Brino 2024

Festa do Carme de Moraime 2024

Festas do Carme de Mazaricos

Festas do Carme de Eiron

Festas do Carme de Carantona

Máis novas

Comentarios