Luns. 06.05.2024
El tiempo

Disfrutando da maxia das procesións marítimas da Virxe do Carme

Procesion Maritima do Carme de Corme 2023
Procesión Marítima do Carme de Corme
Disfrutando da maxia das procesións marítimas da Virxe do Carme

As Festa da Virxe do Carme son unha verdadeira xoia etnográfica do litoral galego. O caracter popular e mariñeiro que contan na nosa comarca, en contraposición co militar doutras zonas de Galicia ou do sur da península, fan desta festa un auténtico encontro de sentimentos.

Trátase dunha das citas fixas de cada verán, na que non pode faltar ninguén, nin os que viven fóra, con galas coma se fose unha voda, para disfrutar da familia e dese recordo a todos os finados do noso mar.

O punto álxido do Carme son as procesións marítimas. Vilas como Corcubión, Camariñas, Muros, Malpica ou Corme engalanan os seus barcos con bandeirolas para facer esa viaxe ao medio da ría a render esa homenaxe aos que caeron nas augas do Atlántico mentres traballaban.

Homenaxe en Corme

Este ano na vila de Corme (ameazaba con chuvia ás 12:00h pero clarexou para as 13:30) quixeron darlle un carácter especial, e collendo trazas do Naufraxio de Laxe, os membros da Agrupación de Percebeiros realizaron un simulacro dun rescate dun percebeiro que caía das rochas. Sentida representación que poderá quedar, ben aquí ou ben no Percebe, como elemento recoñecedor do perigoso traballo dos gabeadores de rochas.

Rescate dun percebeiro no Carme de Corme
Imaxes do simulacro de rescate dun percebeiro no Carme de Corme

De seguido, collían a imaxe da virxe, chegada da misa, para levala a bordo do barco O María Isabel, a embarcación que comanda a procesión marítima. Os barcos de pesca da vila (cada vez menos, a realidade), e unha marea de pequenas embarcacións (moitas dos percebeiros e outras de recreo) escoltan o barco dos Poliños ata o medio da ría, nunha estampa verdadeiramente máxica.

Procesion Maritima do Carme de Corme 2023 4
Procesion Maritima do Carme de Corme 2023 4

A marea déixase notar e nas cabezas dos tripultantes “por un día” imaxinan como serán eses días de mar de verdade que terán que vivir os traballar a bordo.

No medio da ría proceden a deixar ese ramo de flores (xa sen plásticos), e toca volver a terra a toda máquina, mirando en fite o fermosa que puido ser esta pequena vila mariñeira.

A partir de aquí, a festa de sempre. Uns inchables, uns churros, unha sesión vermú, tardía, quecida co son das Pandeireiteras do Roncudo, e a ir comer coa familia ou a degustar algúns dos produtos do mar que nos ofrecen na vila.

Procesion Maritima do Carme de Corme 2023 5

Volven Pinto e Covinas
Volverán Pinto e Coviñas?

Noutras vilas

Enviáronnos tamén uns vídeos das procesións de Corcubión e Camariñas:

En Corcubión

En Camariñas

Comentarios