O sector lácteo esixe solucións urxentes para as granxas ás que lles deixan de recoller
08:11 30/03/16
O sector lácteo continúa en pé de guerra. Baixo un panorama no que un bo número de explotacións non teñen garantida a recollida do leite a partir do venres, día 1 de abril, a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo galego fai un chamamento a todas as persoas, que dun xeito directo ou indirecto dependen da produción de leite, así como á sociedade en xeral, para que participen mañá xoves, ás 11:30 horas, na concentración que terá lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano. Con esta concentración, o sector lácteo esixe solucións inmediatas para todas estas granxas que non teñen garantida a recollida do leite, así como a posta de medidas urxentes que leven a unha recuperación inmediata de prezos no conxunto do sector.
Esta concentración conta co apoio de todas as organizacións que forman parte da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo galego (grupos comarcais de gandeiros, Agaca, Gandeiros de Mazaricos, Fruga, OPL, Oruga, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias), así como coa participación de representantes de AgroMuralla.
"Esiximos a intervención inmediata do presidente Feijoo con respecto á situación crítica que está a vivir o sector lácteo e lembramos que el mesmo se presentou en setembro como garante de cumprimento do acordo", aseguran dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo. Segundo a súa opinión, o goberno galego debe ter unha "actuación contundente fronte ás ameazas de deixar de recoller e os baixos prezos" ás que están sometidas as ganderías galegas por parte das industrias, e esixirresponsabilidades ao propio Ministerio, que esta mesma semana chegou a admitir o fracaso total da súa política con respecto ao sector, chegando ao extremo de “augurar” o peche de 5.000 granxas de leite nos próximos 5 anos.
Dende o sector lácteo entende que o acordo de setembro impulsado polo Ministerio sirve para que as grandes cadeas de distribución obteñan os maiores beneficios da súa historia coa venda do leite, mentres que se condena á desaparición a miles de granxas de leite galegas, debido aos prezos ruinosos. Aproximadamente 500 granxas galegas xa se viron obrigadas a pechar no último ano e outras pasáronse á producción de carne, tal e como está a ocurrir na comarca do Xallas.
Novas relacionadas
- 23-03-16: O sector lácteo concentrarase en Santiago
- 12-02-16: O sector lácteo inicia unha rolda de contactos cos partidos políticos
- 26-01-16: Gandeiros do Xallas cambian “ghaspeadas leiteiras” por “rubias galegas” de carne
- 17-11-15: A plataforma do sector lácteo anuncia novas protestas a partir do día 23
- 23-09-15: “O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego