O temporal deixou pouca chuvia e fortes refachos de vento na Costa da Morte


Choveu, e forte. Chegou con aparato eléctrico impactante, pero chegou en cantidade insuficiente para evitar a seca pertinaz á que nos enfrontamos. Apenas 29 l/m2 en Vimianzo, ou 21,40 en Fisterra, ou 15,80 en Carballo caeron durante a tarde de onte, pero hoxe xa luce o sol. Demasiado curta a sesión de chuvias.
Disque o venres volve chover e mesmo que o sábado poderá caer algo pola bisbarra, pero parece que a descarga será tamén fugaz.
O que si foi a de onte unha xornada de grandes refachos de vento. A Alerta laranxa avisaba do que nos viña enriba e as estacións da bisbarra rexistraron as cifras máis importantes da península. Os 130 km/h que se rexistraban en Fisterra só foron superados en España polos 139 do Cabo Busto (Luarca, Asturias). Ademais, houbo refachos de 111km/h en Vimianzo, 114 no Cabo Vilán de Camariñas, 94 en Lira e 78 en Malpica.
[video width="480" height="848" mp4="/media/quepasanacosta/files/2017/11/23/Chuvia-en-Laxe.mp4"][/video]E así caía en Cee e Corcubión:
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155741392262177/Previsión para a fin de semana de 4gotas
O venres será un día chuvioso. Xa choverá de xeito persistente e por momentos intensamente na noite do xoves ao venres e as precipitacións continuarán na mañá e mediodía do venres. Na tarde serán algo máis espalladas, pero aínda pode caer algún ballón intenso. O venres seguiremos con temperaturas moi suaves, pero o sábado cambia a situación. Comeza a afectarnos un anticiclón que nos achegará ventos do norte-noroeste e con eles unha masa de aire frío. Haberá moito sol o sábado, pero as temperaturas non pasarán dos 15 graos. O domingo amencerá con sol e frío (mesmo con xeadas febles en puntos do interior da Costa) e irán aumentando as nubes a medida que avance o domingo (especialmente no litoral oeste), pero non debería chover ata a madrugada de domingo a luns e de xeito feble. Todo apunta a que despois volveríamos a estar varios días sen chuvias.Novas relacionadas
- A comarca conta coas reservas hídricas suficientes que garanten o abastacemento.
- Mabel Montes: “Despois de 12 meses de seca pertinaz, en novembro volve a auga a Galicia”
- Redacción QPC ([email protected])
- Xunta de Galicia