#OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
Cada mes, realizamos un repaso á actualidade electoral de cara ás Eleccións Xerais da man do informe que o investigador Carlos Neira realiza para a Asociación de Medios en Galego. O Mirante non é unha enquisa, se non que se trata dunha estimación que utiliza datos alleo. Un completo estudio sobre diferentes enquisas, que Neira cociña con sumo mimo para extrar unhas conclusións moito máis achegadas á realidade que as diferentes enquisas realizadas cuns ou outros interesesn.
Neste mes de xullo, o maior cambio a respecto do mes pasado e o retroceso de Ciudadanos en case dous puntos e medio. Os resultados das eleccións municipais e autonómicas fixeron desincharse a burbulla demoscópica da marca branca do bipartidismo, o que provoca que tanto PP como PSOE retomen folgos e aumenten as súas estimacións. Conxuntamente a Gran Coalición volvería situarse hoxe por riba do 50% do voto, un nivel que perdera en novembro pasado trala acumulación de casos de corrupción á volta do pasado verán.
Podemos pola súa banda parece estabilizado arredor dos 19 puntos porcentuais e arredor dos 70 escanos. As súas estimacións seguen sendo as máis diverxentes de entre todas as forzas políticas, e iso, sumado á súa condición de terceira forza con maior dependencia dos restos no reparto da Lei d’Hondt, provoca que os escanos esperados se movan nun intervalo moi amplo, arredor en todo caso dos 70 escanos.
Dada a correlación de forzas a unión de PP e PSOE mantén potencialmente unha maioría absoluta, pero desde o mes pasado ábrese a posibilidade, de momento máis improbable que probable, pero posible en calquera caso, dunha hipotética maioría absoluta entre PSOE e Podemos. Unha terceira posibilidade de maioría a dúas bandas, PP e Ciudadanos, nunca se materializou nos números e está cada vez máis lonxe.
Entre as forzas minoritarias IU prosegue o seu descenso camiño da marxinalidade, penalizado polo sistema electoral español. Mantén dous únicos escanos coneguidos por ICV-EUiA en Catalunya e que dependen da súa participación nas novas fórmulas electorais ao estilo de Barcelona en Comú. UPyD confirma este mes a súa desaparición definitiva do escenario político estatal.
No bando nacionalista as enquisas destes últimos 30 días foron en xeral favorables para o PNV e Compromís, e desfavorables para o resto. Só Geroa Bai e EH Bildu conserva inalterada a posición de xuño.
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
- Eleccións Xerais 2011 Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC a raíz do informe de Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego.