Domingo. 28.04.2024
El tiempo

#OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP

#OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP
O MIrante-Estimacion de escanos Eleccions Xerais 2015-Fonte-Carlos Neira

Analizamos, gracias ás complexas análises de Carlos Neira, de Calidonia.eu para a Asociación de Medios en Galego, o panorama electoral de cara ás Eleccións Xerais de novembro de 2015. Un panorama que nestre mes de abrill, e despois de ver un rápido crecemento e un repetino parón de Podemos, centra a súa atención na volatilidade do voto, e no lixeiro incremento de Ciudadanos.
Un panorama que deixa á Gran Coalición PP+PSOE como a única posible combinación a dúas bandas que outorga a maioría absoluta no Congreso.

I é que este mes asistimos a fortes cambios na estimación de voto. A elevada volatilidade continúa definindo o panorama electoral, e a iso súmase o resultado das autonómicas andaluzas induciu variacións adicionais significativas no escenario estatal.

Partido a partido

OMirante Abril 2015-Estimacion Voto-Fonte-Calidonia

Partido a partido, o PP mantén a primeira posición en voto e en escanos, anque perde algo máis de medio punto desde marzo. Este retroceso modesto implica que o voto gañado por Ciudadanos procede de antigos votantes do PP, que nos últimos meses estaban situados na abstención. Malia á caída en voto o PP mellora lixeiramente as súas expectativas en número de escanos.

Podemos acelera o seu descenso, perdendo 4 puntos nun mes, o que significa un de cada 6 votos dos estimados hai agora un mes, e a metade do voto gañado desde o verán. O comportamento negativa lévao a un empate técnico co PSOE e, de non variar a tendencia perdería a segunda posición en favor do PSOE antes das municipais do 24 de maio.

O PSOE perde case un punto pero mantense no intervalo 20-22 que ocupa desde as europeas do ano pasado, o que lle serve para competir directa con Podemos polo liderado da alternativa ao PP. Como aconteceu co resultado electoral en Andalucía a súa porcentaxe de voto en todo o Estado mantense estable.

Ciudadanos continúa a súa intensa tendencia ascendente, anque o seu ritmo de crecemento na última quincena xa é menor que a comezas de marzo. Con todo, sitúase aínda en niveis inferiores a aqueles que lle outorgaron as últimas enquisas dos medios de PRISA, que debuxaban un inexistente empate a catro bandas.

Seguimos analizando a situación por Esquerda Unida, que experimenta unha caída leve pero que evidencia enormes dificultades para competir no espazo electoral que lle era propio, e non tira proveito da caída de Podemos. Os hipotéticos efectos beneficiosos da designación de Alberto Garzón parecen estar compensados polas loitas internas da federación madrileña.

É UPyD a forza máis prexudicada no último mes, en paralelo ao crecemento de Ciudadanos, xa que perde case a metade do voto estimado en marzo, xa entón o mínimo da lexislatura. A única acta de deputada que obtería Rosa Díez por Madrid é un final simbólico para UPyD. O 2% de voto certifica de facto a súa defunción como forza política competitiva.

En Catalunya CiU mantense e Esquerra sobre e recurta lixeiramente a distancia, pero o avanzo de Ciudadanos ocasiona que ambos poidan perder un escano en relación ao estimado no mes de marzo.

En Euskadi as forzas nacionalistas avanzan unha décima e melloran tamén a súa previsión de escanos, debido ao retroceso de todas as forzas estatais e a feble implantación de Ciudadanos.
Algo semellante acontece en Canarias coa hipotética coalición entre Coalición Canaria e Nueva Canarias para as eleccións xerais. Anque manteñen o voto poden mellorar en escanos ante a evolución negativa dos seus rivais nas illas.
Na Comunidade Valenciana o voto a Compromís mantense igual que en marzo.

O BNG en Galicia, a pesar de aumentar as probabilidades dun segundo escano en virtude do retroceso dos seus competidores directos (IU/AGE e Podemos) segue movéndose no fío da perda de representación no Congreso.


Por que é fiable O Mirante

O Mirante aplica un modelo estatístico que rastrexa os cambios no apoio electoral ás distintas forzas políticas ao longo do tempo. Mediante a análise de todas as enquisas publicadas o modelo neutraliza as variacións das casas demoscópicas que se deben aos efectos caseiros. Os efectos caseiros ou house effects miden o nesgo que unha produtora de enquisas comete de forma sistemática cando estima o apoio electoral dunha forza calquera. Este nesgo mídese mediante un dato puntual e un intervalo de confianza. O dato puntual é a mediana do desvío histórico en que incorre esa casa enquisadora a respecto do conxunto. O intervalo delimita cun nivel do confianza do 95% o intervalo de desvíos atribuíbles a razóns aleatorias. Cando este intervalo non inclúe o valor cero, entón pódese afirmar que ben a metodoloxía de mostraxe ben á súa cociña introducen distorsións a respecto do consenso demoscópico. O modelo produce así, para cada forza política, unha estimación menos nesgada e máis precisa que a de calquera casa ou enquisa individual. As estimación que aquí se ofrecen non pretenden desde logo ser un prognóstico do resultado electoral. Os resultados refírense ao momento presente. Para realizar unha previsión sería necesario corrixir os erros que historicamente cometen as enquisas electorais como instrumento preditivo. O modelo foi desenvolvido por Simon Jackman na linguaxe R, e o código utilizado aquí é unha adaptación persoal do orixinal de Xavier Fernández-i-Marin e Gonzalo Rivero.

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios