Reda Natura e Parques Eólicos son incompatibles

Carlos Penedo Casmartiño, membro da plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras, volve por QPC para lanzar outro SOS polo patrimonio natural costeiro.

A Rede Natura en Galicia é o espazo da vergoña. É con diferencia a peor planificación do estado, nen tan siquera se pode chamar plan aproveitamento.

Os plans de aproveitamento son a ferramenta que asegura a conservación de cada espazo protexido. O obxectivo é, ademais de dar seguridade xurídica, manter en estado de conservación favorable os hábitats e as especies.

Se un pon o foco sobre as actividades que permite a Xunta, mesmo nas zonas catalogadas coma sensibles, atopamos proxectos como: instalacións para a produción de enerxía, cultivos forestais, explotacións de acuicultura, dragados, desmontes ou actividades extractivas poden autorizarse en toda a Rede Natura de Galiza.

As Directrices da Rede Natura en Galiza non sirven para nada porque non se aplican. É verdade que, en Galicia non existe política de conservación, a Rede Natura galega é un auténtico desastre.

Despois do anteriormente dito imos a casos concretos: a Repotenciación do parque eólico de Come, coa Rede Natura está presente. O desbrozo do territorio é descomunal, con mención especial a tres puntos: Pozo da Lagoa, petróglifos e mirador da Ghurita; o Tordeiro (cos primeiros fríos achégase dende as Illas Británicas, o Tordeiro, paxaro moi vinculado ao promontorio de Corme).

Seguindo a mesma vergoña, imos ao monte Salgueiras, que vai soufrir a posible instalación dun parque eólico. Unha zona que llinda en Rede Natura co monte Branco, esteiro do Anllóns, praia de Balarés, Cantís do Canteiro e Brañas de Gondomil.

As autoridades da Xunta e dos Concellos estan para cumplir as leis e non sumarse a este vergoñento estado da Rede Natura en Galiza.

Mentres xa son máis de 80 as entidades que asinan o Manifesto Aldeas con Horizonte.

  • Carlos Penedo Casmartiño, membro da plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras.

Novas sobre os eólicos